Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convivencia dentro da diversidade

lunes, 19 de abril de 2004
É unha das ideas ou desexos que canto máis se acheguen á súa realización práctica tanto e máis xustas ou felices serán as sociedades e os pobos.
Obviamente que se trata dunha aspiración, realmente difícil, porque se trata, nada máis ni nada menos que, xentes de distintas etnias, clases sociais, relixión, cultura, capacidade económica ecta. poidan vivir en paz e xustiza.
En principio, e aínda que toda persoa civilizada admita que a diversidade é unha riqueza que hai que conservar e respectar, cando chega a hora da verdade prefirese a uniformidade do café con leite para todos.
Nin que dicir ten que, historicamente, os grupos minoritarios que non se integraban no gran rabaño tíñano moi difícil, e a pesar diso, frecuentemente se cita o caso da convivencia dos pobos: cristiáns, mouros e xudeos na España Medieval.
Sen lugar a dúbidas que dentro daquel reino de Castela había outros pobos e outras culturas que non se tiñan en consideración. Coa chegada do Renacemento e a subseguinte consolidación das primeiras nacionalidades europeas establécese unha convivencia baseada sobre a unidade de raza, relixión e lingua. Máis adiante viría tamén a uniformidade lexislativa.
Xorde ademais a idea do arquetipo de cidadán español,francés, inglés ou italiano.
Naturalmente que se trataba dun ideal abstracto baseado principalmente sobre a imaxe de certas figuras históricas ou lendarias que de algunha maneira sintetizaban ou representaban todo aquilo que se pretendía ser ou promocionar a nivel colectivo. Tal sería o caso do Cid ou de Don Quixote e Sancho. Paradoxalmente, en Galicia non temos ningunha figura mítica ou literaria que represente esta función. A que máis e mellor podería asumir e representar a nosa idiosincrasia sería Rosalía.
A figura de “El caballero español”, con todo o que isto significa, enchería milleiros de páxinas da mellor literatura castelá.
Para moita xente, a simple mención deste termo evócalle todo un pasado de feudalismo opresor, e realmente teñen razón, pero tampouco se pode esquecer que o tópico ou idea de “España, nación de caballeros”, foi mesmo admirada ou respectada por toda Europa, porque se trataba dun ideal tirado dos libros de cabalerias. É dicir: cando se valoraba o esforzo e compromiso individual do home por manter a palabra dada e mais por defender a honra e a xustiza das persoas.
Naturalmente que, toda aquela ideoloxía de boas intencións opoñíase frontalmente ós intereses e concepcións burgueses da propiedade, da producción e do esforzo colectivo e coordinado que opera nas sociedades modernas.
O desastre de 1898 foi a mostra definitiva de que aquela ideoloxía imperialista-cabaleiresca estaba xa superada. Castela, que realmente representaba a ideoloxía oficial de toda España xa non tiña ningún proxecto político atractivo ou fiable, válido para as distintas nacionalidades do Estado. España tívose que enfrontar cun problema de identidade nacional que aínda hoxe non está resolto. Algo que non ocorre nas nacións do noso contorno.
A inmensa maioría das masas populares, descoñecedoras dos verdadeiros valores que representaba o pasado artístico e intelectual de España afirman o seu nacionalismo no folklorismo barato da España cañí, das manolas e dos toureiros e tamén dos futboleiros; toda unha imaxe que serviu de excelente reclamo turista aló polos anos 60. Obviamente que, ás nacionalidades máis ricas e cultas como Cataluña ou Euscadi prodúcelles arrepíos esta carouta, e cando desde o concello de Barcelona se di:
“¡Non a festa nacional!” É dicir: todo un espectáculo bárbaro e sanguinario, totalmente inxustificable nos nosos días. E velaí, non falta os salvapatrias que os
tachan de separatistas ou resentidos.
¡Non, señores non!, así non se adianta. É unha verdadeira perda que haxa xente que nos queira convencer de que a verdadeira España é a da arroutada, a da anarquía cívica, aquela que ignora olímpicamente as normas que se cumpren ó pé da letra por Europa adiante.
Aínda queda moito que aprender para poder convivir civilizadamente dentro da lei e da diversidade.
Laxe Freire, Manuel Anxo
Laxe Freire, Manuel Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES