Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ribadeo ten necesidades adultas

miércoles, 08 de septiembre de 2010
1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP... un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xestión, alégase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das dúas anteriores, dando un rodeo), aínda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno ó 'Bacepa', nome abondo malsoante que tras de si ten unha realidade: a do bacharelato (Bac) no ensino permanente de adultos (Epa).
Polo momento, 'non o levan'. Simplesmente, desarman o que hai, deixándoo no chasis, sen dar unha alternativa funcional. Na retórica oficial, substitúen a educación presencial pola semipresencial.
As razóns? O certo é que non o teño craro: Poucos alumnos, dixeron. A resposta do centro, contundente: aí están as listas e os asistentes. Eficiencia dos cartos (non o dixeron así ás craras, que eu saiba). Resulta que hai profesorado no centro que o imparte, o IES Dionisio Gamallo Fierros, con horas abondas para cubrir horario. Non se lles ocorreu dicir tampouco o de 'un maior rendemento educativo': sen preparación previa do centro, do profesorado e dos propios alumnos, dificilmente podería manterse máis aló de dez segundos unha afirmación semellante. Podíase ter dito tamén 'é o futuro', e quizáis por aí non irían moi errados... se o contemplaran como algo complementario, que pode facilitar as cousas a algunha xente, en troques de suplementario, dificultando o acceso á educación a xente que se está a beneficiar del nestes momentos.
En canto á técnica seguida para o cambio, a cousa está crara: ordeo, mando e faigo saber, e queda o verán por medio, dificultando as protestas de alumnos e tamén dos profesores. Tamén está a técnica política: se temos un grupo de man no concello, non hai apoio unánime á postura contraria ós nosos quereres, e nese sentido, vaise capeando o temporal. O tempo, de parte de quen manda: non é a primeira vez que sucede, a historia está chea de casos semellantes, e as cousas vanse esquecendo.
Polo medio, acusacións e medias verdades ou mentiras contra datos obxectivos. E desmobilización, facendo esquecer e esquecendo aquelo de se debe defender o que cremos xusto, nos afecte ou non: pois en caso contrario, ademáis de propiciar a inxustiza, córrese o perigo de non ter quen nos defenda cando sinxelamente defendamos un dereito que esteñamos a usar nós: eso tamén é educación.
En fin, aproveito o mandato da diretiva de O Tesón para, ó tempo que deixo constancia do apoio desta AVV á permanencia en Ribadeo do bacharelato presencial de adultos no actual formato presencial, tentar de que a sociedade ribadense non esqueza un problema máis e chamar a atención sobre algún aspecto da actualidade educativa ribadense. A educación pode ser un xogo, hai xogos educativos, pódese xogar ... pero sabendo que é un xogo, e que Ribadeo ten necesidades adultas, como pobo adulto que é.
Antonio Gregorio Montes

O Bacharelato de Adultos en Ribadeo

En referencia ó artigo do Grupo Municipal do PP publicado na Comarca o 17/07/2010 sobre o Bacharelado de adultos no IES Dionisio Gamallo, quero aclarar algúns puntos que creo que poderían conducir a interpretacións erradas sobre o tema.
 1) A "suposta" discrepancia entre os datos manexados pola Xunta e os que presenta o IES non debería existir: ¿É posible que alguén aínda non saiba que calquer centro de ensino ten unha extensa documentación oficial que reflicte o número de alumnos matriculados en cada curso?.
Ademais, en xuño, ó terminar as clases, realizanse as avaliacións finais das que se editan as correspondentes actas donde constan as notas de cada alumno, así como o número de aprobados, suspendidos, non presentados, etc Existen tamén datos sobre a asistencia ás clases dos estudantes (asistencia que no caso da educación de adultos é obrigatoria, ao contrario do dito pola deputada Emma Alvarez), eses datos nos que a Xunta se basou para tomar a decisión de suprimir o Bacharelato presencial.
Ademais, e dado que toda a documentación está informatizada, a Consellería pode acceder en calquera momento a dita información.
Sorpréndeme moitísimo que o autor ou autores do artigo non parecen estar ó tanto de tales circunstancias ...
Penso que esta aclaración é importante porque algúns lectores poderían interpretar erróneamente que os datos que aporta o IES non son fiables nin constatables, poñendo así en cuestión a seriedade e credibilidade dunha institución como é un centro educativo.

 2) Algo que preocupa moito ó PP, según di, é que "no centro haxa algunha persoa que filtrou un informe interno."
Non entendo como se pode falar de filtracións cando o caso é do dominio público. O claustro do IES está formado por 45 profesores que viven na zona e, un problema de este calado se comenta e se propaga sin necesidade de que ninguén o filtre. A oferta educativa na comarca é un tema que forma parte da vida diaria sobre todo por estar, no caso das ensinanzas de adultos, directamente vinculado co intento de mellora das condicions de traballo e das titulacións, que é o que a maioría da xente que cursa adultos trata de conseguir.
En calquera caso, como creo que esto non é nin o Pentágono, nin a CIA, e non se pon en perigo a seguridade nacional, voulles explicar algo que algúns poden considerar unha filtración (aínda baixo o risco de ser acusada de soplona.)
Os datos de asistencia ás clases que manexa a Consellería, estou segura que son verdade, ¡pero corresponden ó curso 2008-2009 e non ó presente curso que acaba de finalizar!
Ese ano (2008-09), o bacharelato de adultos tiñase que realizar en tres anos en vez de dous como o diurno (era o chamado sistema de bloques). O feito de ter que emplear un ano máis para completar os estudos desanimaba a unha parte dos alumnos, o que explica a baixa matricula e a baixa asistencia. No ano seguinte (2009-2010) volveuse ó Bacharelato de dous anos, o que implicou un aumento claro e significativo nas matrículas, como mostran os datos.
3) Outra cousa que tamén preocupa ó PP, é que o caso sexa usado politicamente. Pode ser que esquezan que en todas as sociedades democráticas dase a “triste e lamentable coincidencia" de que os que nos gobernan, isto é, os que toman as decisions que afectan a vida dos cidadáns, son políticos e, polo tanto, a politización é inevitable. Na miña opinión, o problema non é a politización, senon que ésta se transforme en servidumbre de partido, ou mais ben, en “servilismo de partido” ( servir a un partido en vez de ás persoas que o votaron). Coido que cada cidadán, máis se é persoa pública, soamente debe servir á verdade e ó sentido común.
E o sentido común di que, aínda que sexa certo que non se perden postos de traballo do persoal docente (moi grave tería que ser a situación para que foran eliminados postos de funcionarios) pérdese algo máis importante: A posibilidade, para moitas persoas, de acceder a un maior nivel de formación, que, xustamente en tempos de crise, podería permitir-lles o acceso a un emprego ou a mellores condicións de traballo por ter maior formación académica.
Porque converter o Bacharelato de adultos en semipresencial é case como facelo desaparecer, é asinar a súa sentencia de morte.
Temo que se producirá un fenómeno semellante ao que en psicoloxía se cháma "a profecía auto-cumplida", é dicir, só o feito de transformar o bacharelato de adultos en semipresencial é o que fará que a matrícula descenda a niveis mínimos. Espero estar equivocada...o tempo dirá.
O PP parece saber que a “intencionalidade real” do debate é sacar rentabilidade política do tema. ¡E a min que se me antoxa que é precisamente este partido (o único que non apoiou a moción do alcalde) o que ten motivos políticos na súa postura! ¡Bah, serán tonterias miñas!
De todos modos, como casi sempre, olvidámonos do mais importante que é o interese dos alumnos. Por exemplo dos alumnos que este ano fixeron o primeiro curso, con bos resultados, algúns excelentes, e que se encontran con que o vindeiro curso non van poder terminar o bacharelato na mesma modalidade, non van ter máis que unha hora semanal de clase por cada materia, frente as tres ou catro horas que tiñan ata agora. 
Ah! E por certo, non fagan demasiado caso do que lles contei, xa que eu son parte interesada. Son unha profesora do IES, e de adultos, ademáis.
 –
Alumnos del bachillerato de adultos protestan porque Educación suprime las clases presenciales en Ribadeo
la voz.
Fecha de publicación:
19/8/2010

La aprobación del decreto que convierte la enseñanza del bachillerato nocturno para adultos en semipresencial sigue generando quejas entre los afectados. Los alumnos del bachillerato para adultos (Bacepa) del instituto Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo han decidido manifestar su desacuerdo públicamente acerca de la nueva modalidad que se pretende implantar en el próximo curso 2010-2011 a través de un comunicado que entregaron en el centro educativo para ser remitido a la Consellería de Educación.

En el escrito exponen una serie de quejas sobre el cambio, del que fueron avisados pocos días antes del final de las clases.

«Una de las justificaciones que se nos dio del porqué de este decreto fue el hecho de que en ese curso solo había cuatro matriculados, y eso es completamente falso, éramos dieciocho alumnos los que a lo largo de todo el curso habíamos estado asistiendo a las clases y realizando los exámenes pertinentes», destacó uno de los afectados.

En su comunicado hacen referencia a la dificultad que les supondría preparar las asignaturas por su cuenta, ya que la característica primordial de esta modalidad semipresencial es que tan solo dispondrían de una hora de tutorías a la semana en la que expondrían sus dudas, tiempo que les parece insuficiente si de esos sesenta minutos depende que se puedan presentar al examen de selectividad.

Por otro lado, señalan que después de haber iniciado primero de bachillerato con clases presenciales, deben tener la oportunidad de acabar del mismo modo, sin que se vean afectados con los cambios del horario lectivo. «Existen otras formas de realizar recortes sin afectar a la educación que es tan necesaria para cualquier salida laboral o simplemente para la vida diaria», resaltan en su comunicado los alumnos del Bacepa.

«Es posible que a estas alturas y próximos a empezar el curso, algún alumno todavía no sea consciente de este cambio. El 21 de junio, a tres días del final oficial de las clases y después de haber realizado los exámenes finales, un profesor nos avisó de que la información sobre el cambio había salido publicada en el DOG . «Nosotros no habíamos sido informados de que pudiera suceder el día que decidimos volver a estudiar», recalcó Sabas Martínez, alumno afectado.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES