Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gripe A

martes, 07 de septiembre de 2010
Ten pasado moito tempo desde que a gripe A non é noticia. Neste momento en Galicia e en España xa ninguén ten medo á gripe feroz que tanta incertidume e desasosego creou entre a nosa xente. Incertidume e desasosego que aqueixou tamén ás nosas autoridades ata o punto de mercar millóns de vacunas por importe de moitos millóns de euros, entendendo axeitado o investimento tendo en conta a perigosidade da situación.

Pero ou a pandemia non era tan perigosa ou se tomaron máis precaución das necesarias, ou alguén xogou coas nosas preocupacións. E o resultado é que na actualidade ninguén se lembra da Gripe A, que resultou non máis perigosa que calquera das gripes que sufrimos nos invernos máis ou menos crus que disfrutamos.

Nesto, que en pleno agosto a Organización Mundial da Saude anuncia o final da pandemia e fai un balance positivo da súa xestión, que cando menos hai que considerar frívola e precipitada, con aparentemente pouca seriedade científica, tendo colocado ós gobernos nunha ben delicada situación.

O balance actual é que en España hai que destruir millóns de vacunas xa inservibles, porque teñen caducado, resultando os laboratorios vendedores os únicos beneficiarios da alarma social suscitada e dos multimillonarios custos de vacunas para a prevención.

Se os gobernos funcionasen como empresas privadas, poderíase negociar coas empresas subministradoras para que, diante do magnífico negocio efectuado, conviñesen en permutar as vacunas que caducan por outras que no futuro pudieran ser necesarias. Pero os gobenros non funcionan como empresas, e a ninguén se lle ocorreu facer un planteamento así.

O resultado é que se van destruir millóns de vacunas que custán moitos millóns de euros. Non pasou nada. Non sabemos se puido pasar, ou se xogaron connosco e cos nosos representantes para facer un incrible e magnífico negocio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES