Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que veña o Papa

lunes, 06 de septiembre de 2010
Que Galicia estea recibindo milleiros de peregrinos que chegan a Santiago utilizando os máis diversos medios, incluido o feito de camiñar por calquera dos Camiños, debe enchernos de ledicia, que sólo beneficios se poden derivar destas invasións pacíficas multitudinarias.

As visitas de mandatarios de paises ou congregaciones son punto destacado destas peregrinacións, que veñen revalidar o papel de Santiago como facho iluminador de tempos difíciles, sexa cal fose a consideración coa que sexa visto.

Vai vir a Súa Santidade o Papa a Santiago, e todos os galegos debemos sentirnos reconfortados. Os crentes católicos, porque visita a Galicia o representante de Deus na terra. Os non crentes, porque o visitante representa un estado soberano, e a miles de millóns de persoas con fe.

O que non pode consentirse é que a visita do Papa sexa motivo de discusión entre os partidos políticos, que un feito coma este non pode ser causa de discordia, e menos polo custo económico que a súa presencia vai suponer.

Calquera visita institucional require movemento de persoas, aparato de seguridad, investimentos extraordinarios. Polo tanto, tamén neste caso é xustificable e asumible un custo extraordinario para atender axeitadamente ó visitante e a todas as circunstancias que o rodeen.

Que se vixile escrupulosamente o investimento de diñeiros públicos, é xusto e necesario, que para eso teñen as diversas administracións os mecanismos precisos para o seguemento dun proceso económico coma este. Pero o que non é de recibo é que se discuta sobre aspectos da súa visita, que deben quedar para a trastenda da política.

Que veña o Papa, que é o que nos interesa a todos. O resto, é pecata minuta que non merece a máis mínima atención.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES