A Igrexa e o Xacobeo
X.X. - lunes, 19 de abril de 2004
A Igrexa Católica ten probada sona de paciente, e segue a facer exercicio de paciencia a cotío.
Porque desde o punto de vista da Igrexa, o Xacobeo é un fenómeno relixioso que hai que procurar acomodar á tradición e á fe.
O Xacobeo, sen embargo, para a sociedade galega, é un fenómeno de masas que a visión de políticos e comerciantes ten transformado nun motor desta Galicia de comezos do milenio.
O carácter relixioso dos peregrinos de hogano é, como mínimo dubidoso. Pero a Igrexa pecha os ollos e recibe cos brazos abertos a camiñantes ou motoristas, católicos ou protestantes, políticos ou aventureiros... Todos caben na Casa de Deus da capital do occidente.
Os últimos, 64 alcaldes de outros tantos pobos polos que pasa o Camiño que, de paso que cumpren coa tradición, comproban a boa sorte que tiveron os seus pobos pola lotería que lles ten tocado por ser marco dun Camiño.
E a igrexa, paciente. Confórmase con tentar retirar da circulación o Santo dos Croques, e que se deixe de poñe-los dedos na columna do Pórtico da Gloria. A cambio, pantallas na Catedral, subida ós tellados, tendas nos baixos do edificio sacro. E a vivir, ¡que é o Xacobeo! (E faltan once anos para que haxa outro).

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora