Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Ricos e solidarios?

viernes, 03 de septiembre de 2010
A escola da vida: ¿Ricos e solidarios?

Xa sabiamos que os ricos tamén choran, pero agora sabemos que tamén son solidarios. Máis de 40 multimillonarios estadounidenses comprometéronse a destinar cando menos o 50 por cento da súa fortuna a fins benéficos. Ou sexa, que van repartilos cos máis desfavorecidos. Dito así, ata parece que un os ve con mellores ollos. Pero ¡ollo!, ser rico tamén lles custa os seus cartos: manter as súas luxosas mansións con todo o seu servizo doméstico; os seus grandes barcos coas súas tripulacións, e xa non digamos nada sobre os grandes investimentos que lles fan os seus brokers. Así que, reducir o seu capital persoal tamén lles vai permitir aforrar dores de cabeza, e, como din por aí: a saúde tamén vale cartos.

Porén, despois de ler os titulares dunha proposta tan filantrópica temos de ollar a súa letra pequena. Esta di que o repartimento do seu capital persoal o poderán facer ben en vida ou unha vez mortos. Ou sexa, que tras este contrato moral -segundo o chaman eles- agáchase a idea de non ter que renunciar a seguir vivindo como os ricos que xa son, e que sexan os seus herdeiros familiares os que pelexen cos albaceas, alegando a enaxenación mental transitoria do seu doador, para quedar con todo de novo. Sexamos un pouco máis concretos, e vexamos como as gasta esta xente. Bill Gates, por exemplo, tivo que pagar sumas millonarias pola vulneración das prácticas antimonopolistas do seu holding en todo o mundo, é dicir, por eliminar ou limitar a competencia aos seus produtos, que, por certo, facía en países cunhas condicións laborais inasumibles por calquera dos países nos que logo os intentaba colocar a un custo moi superior. ¡Deste xeito tan democrático fixo a súa fortuna! Unha fortuna que agora nos di que quere repartir tan graciosamente.

Así que, aínda que sexa de agradecer por todos, e sobre todo polos menos favorecidos, que estes tíos Gilitos se compadezan deles, a min, este xeito de facer as cousas sóame a caridade feudal: despois de explotar a canto fillo de veciño se lles puxo por diante, agora van e enchen o peito dándolles dádivas aos máis necesitados. Xa me estrañaba a min que os ricos chorasen con tanta facilidade. Agora xa sei que cando choran o fan da risa que lles dá que sexamos tan inxenuos por crernos os seus altruísmos de pega.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES