Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, os ríos

jueves, 02 de septiembre de 2010
Os temas medioambientais seguen a estar no punto de mira dos que teñen a responsabilidade de gobernar, e agora vaille tocar ós ríos o mesmo que se regula seriamente a construcción e ocupación na beiramar.
Temos moi presente os gravísimos danos ocasionados en inundacións que se teñen producido no Levante e, en xeral, na España máis seca onde con toda alegría insensata en décadas pasadas se deu en construir en cauces e torrenteiras habitualmente secas e sen uso, pero que en épocas de choiva desempeñan un eencial papel á hora de aliviar as augas torrenciais.
En Galicia preténdese actuar antes de que sexa demasiado tarde e a Xunta vai restrinxir a edificación, ou prohibila totalmente, en zonas inundables ou que poidan sufrir no futuro a inundación por augas que os ríos non dan desaugado. As zonas corresponden de xeito especial á desembocadura no mar dos principais ríos, a canles preto do mar, que verán impedida a construcción non xa nos habituais cinco metros de servidume senón ata cen metros arredor das cuncas nunha chamada zona de policía que evitará futuros problemas que poden ser moi graves.
A construción neste país, e en moitos outros, foi desaforada e arrasou moita natureza. Agora que a non escrita Lei que rexe o labor xeral da sociedade impuxo parar a tolemia construtiva, é o momento de que a racionalidade se impoña, tanto na beira do mar como no interior. No caso dos ríos, é especialmente importante para tentar que desaparezan, ou alomenos paliar, obstáculos ó paso das augas embravecidas das que tanto saben as nosas poboacións costeiras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES