Sempre, as pensións
Editorial - miércoles, 01 de septiembre de 2010
Neste veran que remata alomenos oficialmente- as pensións foron de novo obxecto de atención por parte dos políticos, dentro da súa aleccionadora tarefa de irnos acomodando para todo o que vaia vir.
O sistema de pensións, nacido en pleno franquismo como un acerto extraordinario proporcionou unha tranquilidade á terceira idade, que foi cubrindo á inmensa maioría da poboación. E pensouse que podía ser un sistema que perduraría sempre, constituíndo un perfecto complemento dunha vida de traballo , nunha vellez cos problemas materiais solucionados.
Estando todo en crise, tamén o sistema de pensións vai sufrir os críticos efectos, a menos que se poñan os remedios axeitados, diferentes segundo a confesión política de cada quen.
Na política de feitos consumados e avances informativos estratéxicos, xa nos teñen posto ó día da necesidade de aumentar o número de anos que computarán para o cálculo da pensión, ou aumentar as cotizacións, ou reducir as pensións.
Dito queda por responsables do goberno do país. Para que nos poñamos a pensar, ou a tremer. As pensións están sempre de actualidade. Agora, de novo. Pero non é unha vez máis; nesta ocasión, parece que a reforma vai en serio.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora