Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo que se chama Trobo

Blanco Torrado, Alfonso - martes, 31 de agosto de 2010
No verán visitei varias parroquias chairegas, por unha razón ou outra. Antonte estiven nesta feligresía begontina. Xa a percorrera meses antes con vagar, coa mellor guía posíbel, o libro: “Trobo. Terra e xente”, do seu fillo David Corral Díaz.

Dende as súas capas, é unha obra prodixiosa, labrada con rigor e beleza. O autor reborda agarimo polo seu terrón.

Abrolla na mesma cerna de obras semellantes: a de Félix Villares, sobre Belesar, Segundo Pérez sobre O Buriz, Manolo Regal arredor de Candia…, todas urdidas na propia vivenza, e enchoupadas desa querenza polas criaturas máis sinxelas, que mamaron na Escola Literaria do Seminario de Mondoñedo.

Estas investigacións acreditan a transcendencia que supón vivir incardinados na realidade para captar todo o zume dun colectivo enxergado nunha paisaxe concreta que o vivifica. Só estamos a referirnos a achegas sobre a parroquia de seu, a célula social máis viva do rural. Outros ampliaron a súa perspectiva á Terra Chá ou a un dos seus concellos. Pero, todos concentran nos seus eidos, o mundo, coma escribía Manuel María: “Podemos caracterizala como unha comarca ou bisbarra. Para nós é un universo” .

Este volume é unha regalía, porque non se comprace só coa colleita inxente de contidos que está a ofrecer, a súa expresión é requintada, moi fermosa.

O profesor escribe de tal xeito, que cativa ó lector, con esa sabedoría que deita aquel que nos vai descubrindo con lentura, a orixe e o servizo que cumpre no seu entorno, cada fanega de terreo e cada salaio de memoria. Con esta valoración dos nomes, das tarefas e dos días, está a desvelarnos os segredos e tesouros do noso tecido existencial.

O seu libro é coma unha prantilla, o itinerario axeitado para afondar en cada un dos nosos lugares, sempre que teñamos a fortuna que lle acae a este pedagogo e señor da palabra, de saber arrequecer coa nosa intelixencia e emoción o herdo que nos deron. Honra a este humanista, o remarcar con tanta dignidade o protagonismo de labregas e labregos na construción do pobo: idioma, símbolos, tecnoloxía artesá e agrícola, traballos e celebracións comunitarias…

Noraboa a David Corral e a Trobo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES