Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gobernar

lunes, 30 de agosto de 2010
Hai tantas definicións do termo “Gobernar” como analistas políticos, pero case todos coinciden que é o “arte do posible”, que quizais habería que traducir polo arte de facer posible o que non o parece. Con arreglo a esta visión, os políticos terían algo de taumaturgos, moito de magos, e bastante de encantadores (de serpes).
Cataluña e a súa situación político-social despois da sentencia do Estatuto, parece ser o lugar máis xeitoso onde o goberno da nación se esmere e demostre ata que punto é posible ese arte do posible no exercizo da política.
O Presidente Zapatero tiña prometido respectar o resultado dos traballos do Estatuto unha vez fosen aprobados polo Parlamento catalán e votado polos cataláns. Pero o tardío resultado da decisión do Constitucional fai entrar en conflicto as dúas posturas.
Loxicamente, a decisión do Tribunal Constitucional é superior ás decisións puntuais do Goberno, polo que pouco pode facer de inmediato o Presidente do Goberno para manter o tipo. Pero aí entra a arte do posible, xa que o Goberno o que pode é promover cambios na lexislación vixente de maneira que algúns aspectos –especialmente en temas xudiciais- cheguen a ser legais, deixando de ser motivo de conflicto coa autonomía catalana.
Parece rebuscado o sistema de dar solución a posteriori a problemas que se podía prever ían xurdir desde o primeiro momento en que se planteou a nova redacción do Estatuto para Cataluña, pero por raro que resulte seguro que é perfectamente legal, xa que a normativa que rexe é cambiante – mesmo a Constitución é posible modificala- e eliminada a dificultade legal poderanse buscar solucións a temas polo de agora, e de acordo coa normativa actual, irresolubles.
Que este procedemento parece ser gobernar á carta, á medida de alguén?. Pois pode ser, pero así están as cousas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES