Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Divertimentos funestos

lunes, 30 de agosto de 2010
Diversión e xuventude son dúas palabras que case sempre van unidas. Iso corrobórao a típica frase dos maiores: "Se non se divirten agora...". Pero non toda diversión é sa e agradable. Non é san emborracharse e cometer todo tipo de tropelías, e non é agradable que os demais teñan que pagar as consecuencias deses despropósitos.
Moitos mozos e non tan mozos fan turismo en España, porque é un país onde a diversión non parece ter límites e onde a liberdade non está establecida polas normas, como nos seus países de orixe. Os franceses e outros estranxeiros din que España é o país da festa e a sesta, ou o que é o mesmo, da esmorga e a nugalla. Aos de aquí parécenos unha imaxe totalmente perversa, pero porén alimentámola. E facémolo incumprindo as nosas propias normas, permitindo macrobotellóns na rúa, atraendo un tipo de turismo alcólico e falto de escrúpulos polo que non é o seu.
O último desta espiral de despropósitos, son eses tipos que -nese spanglish que a algúns lles gusta-fan balconing, é dicir que se guindan desde un balcón a unha piscina ou pasan dun cuarto a outro pola galería. Algúns, con pretendida subida de adrenalina, perden a súa vida na baixada. O máis grave é que, como todo se pega, sobre todo se é perigoso, isto parece que leva trazas de ser copiado sen remisión. A opción dalgúns hostaleiros ante esta situación é instalar estes perigosos suicidas nas plantas máis baixas dos seus hoteis, cando o propio sería poñelos a disposición da policía e, se fosen estranxeiros, repatrialos como individuos perigosos. Pero somos un país permisivo, e o que sería lóxico noutros lugares, aquí pásase por alto, porque seguimos confundindo autoridade con autoritarismo e liberdade con libertinaxe. Penalízanse as drogas, pero somos o país de entrada internacional para os narcotraficantes; arbítranse normas contra o bulicio, pero somos dos países máis ruidosos do mundo; prohíbese a venda e consumo de alcohol aos menores de idade pero non se clausuran bares e chiringuitos nos que se lles vende ata acabar coas súas existencias...
Ante calquera desmadre xuvenil, a sociedade pide máis educación, pero o que falta é máis civismo, ou sexa, conciencia colectiva dos problemas. Por iso, se non nos tomamos en serio, non faremos que nos tomen os demais.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES