Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saír do armario

jueves, 26 de agosto de 2010
Foi hai pouco, lendo unha crónica (en castelán) que un diario de tirada nacional con asentamento en Compostela publicou sobre o fillo de José Cuíña e sobre a súa declara neomilitancia activa a prol do idioma, que me xurdiu o eufemismo que agora instalo como título desta columna e que pretendo desenvolver sen que ninguén se me ofenda.

Recolle o cronista, no entrecomiñado final do artigo, unhas palabras pronunciadas polo fillo do “fillo do muiñeiro”, que din o seguinte: “…Ahora estoy en un proceso de regalleguización, y a mis dos niñas pequeñas se lo hablo siempre para que vayan tomando conciencia de la cultura de su país”.

¡Benvido ó mundo dos vivos!, exclamei eu. Non é sen tempo, logo de que o seu pai se fartara de rematar os seus discursos con un grandilocuente ¡Nai e Señora!, que tampouco nunca logrei interpretar moi ben.

E destas noutras, quixen ver que o que dende hai un tempo está intentando facer o tal Rafael Cuíña –a quen non teño o gusto de coñecer- é o mesmo que dende hai anos están tratando de facer os homosexuais para se incorporaren á vida cotiá sen ningún estigma que os sinale.

E velaí que, logo de pensalo un chisco, interpretei que é certo que o gran problema que ten o Partido Popular coa cuestión do idioma, é que ten milleiros de votantes e militantes -e centos de cargos públicos- que logo de teren asumido, consciente ou subconscientemente, uns postulados castelanistas ou pseudo-castelanistas que teñen como epicentro a “Calle Génova” de Madrid, por “h” ou por “b”, malia que na “intimidade” (é dicir, na vida cotiá, dende que se erguen ata que se deitan) non fagan outra cousa ca falaren en galego, non son quen de pronunciarse publicamente (agás José Luis Baltar) e pregoar ós catro ventos que eles son tan galego-falantes coma o que máis dende que mamaron do peito da súa nai.

É dicir, son incapaces de saíren do armario lingüístico no que un compromiso electoral mal calculado os meteu sen que sequera se deran conta.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES