Os esquiladores que veñen de Polonia
X.X. - miércoles, 14 de abril de 2004
Nalgunha televisión puiden ver hai tempo unha reportaxe sobre o esquileo do gando ovino aló por Australia, chamándome a atención o exótico dos resultados, sobre todo se os comparamos co sistema tradicional a tixeira que temos observado no noso País.
Pois eso, acabouse. O esquileo profesional chegou ata nós. 7 esquiladores polacos virán ás zonas de gando ovino das terras de Ourense e Lugo para evidenciar as excelencias do seu sistema que seica consiste en sentar as ovellas e pelalas dunha simplísima operación, que ven durar minuto e medio.
40.000 ovellas da Galicia oriental quedarán liberadas da súa lá gracias ós traballos dos esquiladores que veñen do frío.
Esto da globalización ten cousas curiosas coma esta: De fora virán para mellorar o que nós coidabamos que facíamos como auténticos mestres.
O problema e que o custe do esquileo está entre un euro e euro e medio por ovella e o producto da lá do animal non pasa de medio euro. Pero todo sexa porque empeza o bo tempo e o animal tamén ten dereito a pasar fresco o verán.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora