Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XXV Feira do Libro de Foz

Fernández, Suso - jueves, 26 de agosto de 2010
O 19 de agosto inaugurouse en Foz a XXV Feira do Libro de Galicia.

Efectivamente, o día 14 do mesmo mes do ano 1986 iniciábase a que sería exitosa andaina anual no eido da promoción da cultura, como o é sempre toda iniciativa dirixida a potenciar a lectura, e as feiras do libro están universalmente aceptadas como un dos medios mais adecuados para combatir o analfabetismo, pois alguén dixo que “non é analfabeto o que non sabe ler, senon o que sabendo, non le”.

Nacía así o certame focego coa incertidume do futuro que lle esperaba; un temor que non era infundado, pois localidades de maior entidade que que a vila focega non foron quen de mantelas e algunhas sobreviviron a trancas e barrancas, faltando algúns anos á cita. Non foi éste o caso, que dende a primeira edición de contado se consolidou, erixíndose na mais prestixosa das feiras que se celebran nas vilas da nosa terra e que permite que este fin de semana celebre as vodas de prata. Unha efeméride, sen dúbida, digna de suliñar.

Naquela ocasión fora o pregoeiro un xove Ramón Pernas, recoñecido escritor e xornalista viveirense, á sazón director da Editorial Espasa-Calpe.

Ramón Villares, Decano da Facultade de Historia de Santiago, a quen Alianza Editorial acababa de publicar o seu libro Historia de Galicia, díu unha conferencia acerca da mesma; pouco tempo despois sería elexido Rector da Universidade e na actualidade é presidente do Consello da Cultura Galega; Jorge Víctor Sueiro, xornalista, redactor-xefe de TVE, escritor especializado en temas gastronómicos que, nunha amena charla referírase á cociña galega; Isaac Díaz Pardo, intelectual e empresario de tanto prestixo, entón director de Sargadelos, falara sobre Castelao e a guerra civil e o xornalista e escritor don Xosé Trapero Pardo, ex-director de El Progreso, disertara encol do Mariscal Pardo de Cela.

Outra serie de actividades: actuacións folclóricas, concurso de debuxo ó aire libre e demais completaban a interesante programación daquela exitosa I Feira do Libro de Foz, punto de partida para a celebración desta XXV edición.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES