Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dezanove

miércoles, 25 de agosto de 2010
Os centros educativos que van pechar en Galicia o próximo mes, que non abrirán para comezar o próximo curso escolar, son 19. A culpa non pode botarse á Administración educativa. A culpa non pode botarse a ninguén, e sí a todos xa que o peche destes centros efectúase porque non hai alumnado abondo que xustifique manter abertos estes colexios ata agora vivos.

Houbo un tempo que Galicia deu en construir centros educativos en todas as capitais de concellos e localidades importantes, rivalizando moitas entre si polo número de aulas e dotacións, que foron froito dun entusiasmo e dunha planificación que quizais non fallou en previsións en base ós datos dos que daquela se
dispoñía.

Concentráronse en cada colexio os centros educativos parroquiais, e os alumnos utilizaron un trnasporte escolar que se os levaba a unha educación moderna e actual desarraigábaos dos seus contornos rurais, encamiñándoos a un destino urbanita difícil de deixar no futuro. Mantivéronse no rural pequenos centros unitarios ós que acudían os máis pequenos, por estimar que era mellor mantelos no seu lugar de residencia habitual.

Pero os nenos escasean, e se nos colexios se van amortizando aulas porque diminúe a matriculación, nas unitarias a diminución é moito máis alarmante, e os centros teñen que pechar porque nas previsións dos próximos cursos non superan os cinco alumnos por aula. E os seus centros quedan feridos de morte.

Este ano son dezanove, o pasado vintetres, e o próximo nin se sabe. Mal síntoma para un país que envellece. Parece como se Galicia non fose “un país para nenos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES