Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eduardo Gutiérrez

martes, 24 de agosto de 2010
Foi o primeiro alcalde do Bng que houbo na provincia de Lugo, e capitaneou Ribadeo de xeito triunfal, constituindo un exemplo de cómo o traballo feito nunha asociación cultural –neste caso a presidencia da Asociación Francisco Lanza- pode catapultar a un político ó primeiro posto do goberno local, e despois a Deputado polo mesmo grupo político.
Pero os días de viño e rosas remataron, e non só deixou de ser alcalde (e tamén deputado) senón que tamén se foi do Bng, supoñendo os espectadores que simultáneamente se ía tamén da política. Pero algo de droga ten que ter o exercizo da cousa pública cando recuncar con outras cores diferentes ás do equipo titular do goberno actual na capital do nordeste lucense.
Nun auténtico salto no vacío, Eduardo Gutiérrez vai ser o primeiro da lista do PSOE para o concello de Ribadeo, figurando como independiente, pero tan vencellado animicamente á operación que ata o Ministro de Fomento, José Blanco, acudiu á súa presentación pública respaldando a acción que pretende conquistar (no caso de Eduardo xa é reconquistar) o goberno no vello pazo de Raimundo Ibáñez.
Non se pode falar de transfuguismo cando hai tres anos que Eduardo Gutiérrez deixou o Bng, aínda que vai resultar difícil para os que vemos desde fóra o espectáculo situar a este actor en lugar diferente ó que o tiñamos encadrado.
Nun tempo no que cada vez hai máis políticos intercambiables, que tanto valerían para un como para outro grupo político (o que non deixa de ser un mérito), imos ter que facer un exercizo mental para encaixar a Eduardo Gutiérrez no seu novo papel de encabezar a candidatura socialista nunhas eleccións municipais que –esto só é un exemplo- prometen estar movidas e divertidas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES