Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vodas

martes, 13 de abril de 2004
Na actualidade, casarse tamén é problema. Quen pretenda facelo de xeito “tradicional”, pola Igrexa, ten que prever o tema coa antelación abonda, quizáis un ano, para evitar o “oberbukin” dos fins de semana.

Esta mesma reserva compre facela no correspondente restaurante, xa que os máis solicitados teñen “lista de espera” de moitos meses.

E eso que agora a xente casa máis tarde, cando casa. E, polo que á Igrexa se refire, coa fortísima competencia dos xulgados e concellos que cada vez teñen máis traballo.

No caso de Lugo, o Concello está que non da abasto e concelleiros hai que teñen oficiado catro vodas nunha mañán de sábado.

Eu só teño asistido na miña vida a unha voda xudicial: A xuiza deulles ós matrimoniados un artigo da Constitución e outro do Código Civil. E acabouse.

Pensando que as formas son importantes, aínda que haxa que agardar algo máis para a celebración, quédome coa voda tradicional, pola Igrexa, con padriños, con un par de “Si, quero” polo medio, e eso de que “Ata que a morte vos separe”. ¡A morte do amor, naturalmente!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES