Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Responsabilidade municipal

viernes, 20 de agosto de 2010
As institucións tenden a querer funcionar como empresas privadas, de xeito que non existan tantas ataduras como a lexislación prevé para as institucións oficiais, querendo ser alcaldes e concelleiros como xerentes das súas respectivas áreas ás que habería que aplicar criterios que permitisen unha rendibilidade ostensible.
Pero tamén do mesmo xeito que os titulares de empresas sofren ou disfrutan anímica e económicamente segundo os resultados da súa xestión empresarial, así os alcaldes están comezando a sufrir de xeito directo o resultado da situación económica do seu respectivo concello.
Sorprende o que está a pasar cos alcaldes de Mondoñedo e Ribadeo que, polas dificultades económicas que os concellos pasan e o conseguinte impago ós acreedores municipais, sufren multas impostas polas autoridades xudiciais competentes para forzalos a cumprir coas obrigas económicas da institución.
A situación vai facer funcionar máis axilmente ás institucións con problemas económicos, para evitarlle ós seus rexedores estes problemas, que ben poden solventarse cos correspondentes seguros que con cargo ós fondos municipais poden suscribirse para evitar a ruina particular do político gobernante.
Pero se esta situación se consolida e prolifera, o lóxico será que se traslade a calquera esfera da actividade política, e se os alcaldes son responsables da súa acción municipal e liquidación das obrigas de todo tipo que cada concello contraiga, tamén deberán selo os titulares dos gobernos provinciais, autonómico e nacional. E por extensión as cabezas visibles das empresas oficiais, institucións, ou xerencias, co que se complicará o panorama político e gubernamental ata o paroxismo administrativo.
Ben está a racionalización administrativa e as disposicións ou acordos para efectuar os pagos dunha institución nun tempo determinado, pero chegar ás multas ós titulares das administracións debedoras parece demasiado, especialmente se se ten en conta que as débedas poden ter sido contraídas polos administradores anteriores.
Ben está a responsabilidade na Administración no trato cos administrados e subministradores. Que as empresas e particulares non teñen por que sufrir as repercusións dos problemas municipais. Bastante teñen cos propios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES