Pegadas da Peregrinación
X.X. - lunes, 12 de abril de 2004
Palas de Rei no Camiño Francés a Compostela: Pegadas da peregrinación.
Sabido é que a peregrinación física exterior responde ou orixina un camiño interior que se recorre co espíritu. E cada etapa vai deixando pegadas no interior e no exterior.
Palas de Rei é un fito importante do Camiño Francés en España. E en Palas, Ramón Pérez pretende erguer unha Muralla de pegadas da peregrinación.
Para iso estanse obtendo pegadas de peregrinos en cartulina co seu código de localización- que logo formarán parte desa Muralla que plasme para o futuro esas pegadas contra o tempo, testemuña de paso, de amizade e irmandade como o proxecto pretende, baixo o nome de Avenostre.
Cada peregrino, 5 euros; cada visitante, 6. Ese é o precio do paso á posteridade. Nada, en comparación coa satisfacción de deixar unha pegada para a historia; a pequena historia dun dedo nun muro que -¡quen sabe!- quizais dentro dun século sexa un novo motivo de peregrinación.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora