Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Begonte perde unha estrela

miércoles, 18 de agosto de 2010
Leo na prensa, e por desgraza demasiado tarde, do falecemento dun dos creadores lucenses de máis valía. Se pintar, esculpir, interpretar música ou escribir, son unha arte en si mesmas e as formas máis belas de crear, non menos ten de selo imaxinar e traer ao mundo unha marabilla universal como o belén electrónico de Begonte.

Rodríguez Varela deixa unha pegada marcada na historia, e Begonte e Galicia perden unha estrela, pero como a do Norte, a que cada Nadal guía aos tres magos cara o seu destino, Varela e a súa luz guiarannos ano a ano nunha peregrinación que alomenos eu xamais abandonarei ata que a miña alma se reúna coa súa.

Cando volva os meus ollos cara o ceo nocturno, e busque a maxia da lúa e o resplandor das súas irmás as estrelas, alí encontrarei unha especial, unha que gardará, coma os cofres dos magos, tres tesouros magníficos, gratitude, amizade e unha vida eterna.

Descanse en paz, querido amigo, porque o seu belén infinito xa non só renderá homenaxe ao neno. E o mesmo neno, e cada un de nós, renderémosllo por facernos partícipes dunha herdanza tan fermosa, e sobre todo por facernos felices.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES