Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Penosa porcentaxe

martes, 17 de agosto de 2010
As porcentaxes vistas friamente son só números que se refiren a comportamentos ou situacións da sociedade, pero a fin de contas resultan referirse a persoas aínda que non nos deamos exacta conta do seu significado.
Pero se analizamos menos friamente os resultados que obtemos, esas estatísticas dannos unha perspectiva –suponse que fiel- do que pasa no noso contorno máis amplo; retratan persoas que poden ser coñecidas ou non, coas que temos alomenos unha relación de compañeirismo social.
Mágoa que ás veces as estatísticas reflicten situacións anómalas como a que nos di que o vintecinco por cento dos estudiantes galegos non rematan os estudios da Eso, e abandoan os centros educativos sen completar uns estudios que se consideran básicos e necesarios.
Con ese vintecinco por cento de abandono superamos en dez puntos os datos da Unión Europea, e evidenciamos ter un problema grave nos nosos centros escolares. Que melloremos en varios puntos a media española é un triste consolo e manifesta que as cousas aínda poden ir a peor.
Os datos en Galicia van mellorando nos últimos anos, pero o saber que de cada catro alumnos da Eso, un deles vai deixar os estudos sen rematar é síntoma dunha frustración. Frustración estudiantil, que fai abandoar os estudios; frustración no sistema, que ten que obrigar a pensar e planificar de xeito que sigamos a mellorar unha situación que nunca pode conformarnos.
Que o vintecinco por cento de estudiantes abandoe os estudios é unha penosa porcentaxe. Se en toda España ocorre o mesmo, e aínda a situación é peor en diversas autonomías, algo hai que organizar mellor e planificar no sistema educativo que goberna a nosa mocidade.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES