Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bipartitos

jueves, 12 de agosto de 2010
Arredor de quince meses despois da desaparición do bipartito do goberno da Xunta de Galicia, estoupan problemas do pasado quizais porque no seu momento non tiveron válvula de escape para manifestarse.

Cando se formou o goberno de coalición no 2005 para desbancar ó Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia, todos eran -eramos- plenamente conscientes da dificultade da empresa por unha suma de poder tan heteroxenea. Pero arrancou e durou catro anos con evidentes disensións pero gardando sempre, mais ou menos, as formas, indispensables para a coexistencia pacífica na gobernación dun país entre dúas forzas que se repartiran competencias e poder.

Como é difícil que os sentimentos personais non afloren nun determinado momento, foi primeiro Fernando Blanco do Bng quen renegou da relación mantida co Presidente Touriño, para logo Méndez Romeu sacarse a propia espiña denunciando o alto custo para o PSOE das alianzas cos nacionalistas. Non tardando o PP en aproveitar a ocasión para denunciar que ás dúas forzas só as une o afan de poder.

Vista na relativa distancia, non parece ter sido boa a experiencia do goberno conxunto na Xunta de Galicia, e o resultado -das urnas e do goberno- así parece evidencialo, do mesmo xeito que non o foi no Concello de Lugo e está a piques de non selo en Vigo. Non parece haber problemas en noutros concellos nin na Deputación de Lugo, onde PSOE e Bng funcionan -cada un pola súa parte, é verdade- como un reloxio.

Hai que se político avezado, templado e dialogante, para sobrevivir na xungla das administracións, aínda no propio partido, e máis cando son dúas forzas non demasiado compatibles as que conviven. Require un exercizo de equilibrio, diálogo, respecto e grandes doses de tolerancia, para poder gobernar unha nave con dous timóns que á mínima poden perder o rumbo. Pero os que se arriscan saben das dificultades e agardan poder superalas. Non sempre o conseguen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES