Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fogar de Breogán

miércoles, 11 de agosto de 2010
En Cataluña temos o exemplo de cómo a Constitución española condiciona os textos dos Estatutos autonómicos, reducindo as pretensións nacionalistas á pura mención na exposición inicial, aportando espíritu pero non texto legal que abra camiño para o termo “nación”.

En Galicia estamos nos tempos previos a comezar de novo o camiño hacia unha renovación do Estatuto, para o que cada grupo político representado no Parlamento ten un modelo inicial, que hai que conxuntan para conseguir un texto que valla para todos.

O Bng segue teimando cun Estatuto que recoñeza a Galicia como unha nación, mentras o PsdeG pretende quitarlle ferro ó tema calificando ó noso país como a “nación de Breogán”, co que se entroncaría coa tradición simbolizada no himno, reducindo o tema a estricto folclore con atisbos de respecto histórico.

A pouco compromete a frase, que Breogán está no terreo do mito, e o himno -como fixo o seu autor- pese á súa dureza verbal, quédase na palabra e a nada compromete políticamente.

Para máis abundar no tema, resulta que xa se fala de Caixa Breogán para nomear a unión resultante de fusionar Caixanova e Caixa Galicia, acudindo tamén ó mito para soslaiar criterios localistas e conseguir un nome de consenso mirando cara atrás con nostalxia.

Chegaremos á conclusión que pouco importa a letra dun texto legal nun determinado momento senón o espíritu e a forza que o move. Que falemos de Galicia ou de Fogar de Breogán, o resultado é o mesmo. O que vale é a unión dun pobo, a fortaleza dos seus grupos políticos, a capacidade de traballar e impoñerse. O resto, é accesorio. Non debemos deternos nel.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES