Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Correos no Rural

lunes, 09 de agosto de 2010
Hai anos, as cartas circulaban coa precisión dun reloxio polos mecanismos de Correos cara ou desde calquera punto de España. Poñianse en Madrid ó día seguinte de ser depositadas, e chegaban ó máis recóndito rural levadas por un carteiro que coñecía directamente a todos os destinatarios por vivir entreles. Daquela non se coñecía aínda o concepto de "transporte urxente" ou "mensaxeiro". Correos abarcaba todo.

Está moi ben a competencia, e a existencia de varias opcións proporciona unha liberdade verdadeira - cun custo elevado, é verdade- de elección do mensaxeiro que coidamos máis axeitado para trasportar as nosas mensaxes e os nosos obxectos.

E así estamos nunha situación de libre competencia entre Correos e as empresass do transporte, cando a Admnistración pretende centralizar as recepcións de cartas no rural nun determinado punto para que alí sexa recollido polo seu destinatario, intención contra a que se ten declarado firmemente a Federación de asociacións de Veciños de Lugo, entendendo que se se pretende fixar poboación no rural, non é este o mellor xeito de colaborar, máxime cando periga a confidencialidade da recepción do correo eliminando o reparto directo ó domicilio.

No espazo vital no que nos desenvolvemos, onde os servizos son ostensiblemente mellores nas zonas urbanas que no rural, privar ós galegos das nosas parroquias rurais de recibir nos seus domicilios os envíos postais é cortar de raiz un dereito adquirido hai moitísimos anos, e un aforro inadmisible que a nada conduce.

Procurar a rendibilidade dun servizo é un desexo lóxico en calquera administración, pero tampouco o Estado pode pretender que todos os servizos básicos sexan rendibles, especialmente se temos en conta que a primeira función das Administracións é prestar eses servizos básicos, a todos en similares condicións. Neste caso, produciríase unha gravísima inxustiza e desatención á xente do rural, envellecida e que precisa máis ca nunca de servizos axeitados.

O correo no rural non pode centralizarse. E moitas máis voces deben erguerse para protestar por esa posible medida irracional.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania