Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preitos Teñas

viernes, 06 de agosto de 2010
O refraneiro popular, sempre sabio, garda para os temas xudiciais esa singular sentencia de "Preitos teñas... e os gañes!", para simbolizar que vale máis un mal arreglo, a carencia dun conflicto, que unha victoria xudicial nun preito que en definitiva poucos beneficios nos ha proporcionar.

Se algunha vez xa nos temos propnunciado en Galicia Digital en relación coa inxustiza que supón unha xustiza lenta, a ocasión de volver facelo proporciónaa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do que o Presidente ven de presentar a memoria correspondente ó pasado ano, na que figuramos os galegos como os oitavos entre as autonomías españolas en canto a litixios se refire, sendo os quintos en canto a resolución de asuntos despois de Madrid, Navarra, Extremadura e o País Vasco, pero tamén os quintos en conxestión dos asuntos, tema verdadeiramente conflictivo.

Cando rematou 2009, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tiña pendentes de resolver 27.451 asuntos, en tanto que nas Audiencias provinciais os casos son 9.547 na Coruña, 2.935 en Pontevedra, 598 en Ourense e 357 en Lugo. E argúe o Presidente que o problema non é tanto de persoal como de estruturas, xa que Galifcia conta con 313 xuíces, 11,2 por cento por cada cen mil habitantes, algo máis que o promedio español que está en 10,3.

O tema esencial son eses asuntos pendientes, que non poden ser canalizados con maior fluidez pola estructura xudicial, pero ningunha culpa teñen os administrados que agardan por resolucións de temas vitais, dos que moitas veces depende o futuro dunha persoa ou dunha familia.

Xa que temos pleitos, polas esixencias da vida e dos acontecementos de cada día, alomenos que se resolvan nun tempo prudencial, para que o natural trauma que supón someter un tema á decisión da xustiza, non se desvirtúe, retrase e case invalide pola tardanza en resolvelo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES