Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha boa nova

jueves, 05 de agosto de 2010
Estamos tan necesitados de boas novas, que saudamos cos brazos abertos a nota da Consellería de Traallo que nos informa de que o paro en Galicia baixou en 10.036 persoas no pasado mes de Xullo, o que representa o 4,57% fronte ó 1,85% de media en toda España.

Sempre Xullo foi un bo mes para o emprego, precisamente pola chegada do verán e con el os trabalos estacionais derivados da actividade no sector turístico, pero saber que o dato é o mellor dos últimos seis anos reconforta por se é síntoma de calquera melloría nunha situación necesitada de boas novas.

Agradécese o toque realista da Drectora de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, que despois de indicar que somos a seguda autonomía española en termos relativos -só despois de Cantabria- e a terceira en termos absolutos, chama á cautela á hora de interpretar estes datos. non podéndose falar aínda dun cambio de tendencia senón que moito ten que ver neste tema a estacionalidade e o excepcional fenómeno do Xacobeo. Pero hai que subliñar a baixada do paro non só no sector servizos senón tamén na industria, na construcción, agricultura, pesca e no colectivo sen emprego anterior.

Está ben que as autoridades sexan cautas na valoración de resultados, máxime se se trata de cuestións relativas ós postos de traballo, materia tan sensible para todos os involucrados no proceso produtivo, especialmente para todos os aspirantes a incluirse nun mercado laboral difícil, que constitúe o mellor termómetro da temperatura económica e social do noso entramado colectivo.

Pero como as boas novas non abundan, acollemos esta co agarimo que despertan as cousas febles e delicadas, e anceiamos que non sexa flor dun día senón indicio de que se non está mellorando a situación, alomenos non estamos xa en caída libre senón en navegación difícil pero controlada nun mar proceloso con ventos de moitos nudos que xiran por todo o abano da rosa dos ventos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES