Sempre Telefónica
X.X. - miércoles, 07 de abril de 2004
Telefónica ven de tropezar co muro do tribunal de Defensa da Competencia que a multou con 57 millóns de euros, unha cantidade que traducida a pesetas case nin me atrevo a poñerlle ceros detrás.
Telefónica teno difícil. Procede dun monopolio, e eso é malo. Nos meus tempos eran monopolios o subministro de gasolina, os fósforos, a enerxía eléctrica e o teléfono. Os máis recentemente liberados, estes dous últimos.
Esta liberación da lugar a ofertas curiosas como a de Gas Galicia que anda a ofrecer enerxía eléctrica en competencia directa con Begasa Barras Eléctricas Galaico Asturianas- e Fenosa o condado de las Fuerzas Eléctricas del Noroeste- prometendo que o seu subministro vai ser máis barato que o das compañías eléctricas.
E en telefonía, ofertas do máis variado contra o enemigo común: Ese xigante que foi Telefónica, alixeirado con xubilacións de persoal, desglose en outras empresas, e clientes que buscan ofertas máis sustanciosas.
Telefónica, aínda non afeita ó non monopolio, reacciona de xeito que se xulgou inapropiado e recibe multa multimillonaria.
Telefónica segue a pagar por ter sido monopolio. No concepto dos consumidores aínda están presentes os vellos modos. E eso tarda en cambiar.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora