Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A escola da vida - Necesita mellorar

miércoles, 04 de agosto de 2010
O estudo sobre Fracaso escolar en España, realizado por varios sociólogos da Universidade de Salamanca ofrécenos algunhas hipóteses sobre as que conviría reflexionar en profundidade. Por exemplo, sobre o que eles chaman a perversión da repetición, é dicir, a imposición aos alumnos que suspenderon varias materias da repetición do curso enteiro, algo que, desde a súa perspectiva, os fatiga, prexudica e desmotiva. Este dano pode chegar a completarse coa súa inhabilitación sen graduado en ESO por parte do sistema educativo.

Por outra banda, estes autores afirman que, polo xeral, as familias si animan os seus fillos a seguir estudando e atenden as chamadas e indicacións dos centros, unhas observacións que van en sentido contrario do que se insistiu ó longo destes últimos anos. Ao mesmo tempo, ponderan algo recoñecido en múltiples ocasións polos especialistas en educación: a grande influencia dos compañeiros e amigos sobre a súa decisión de abandonar ou continuar os seus estudos. É certo que o crédito que os mozos lle conceden ao seu grupo de iguais é hoxe moi superior a calquera outro momento, xa que a mocidade converteuse de seu nunha categoría social cos seus propios elementos constituíntes.

Con respecto á incidencia do abandono escolar nas comunidades autónomas, sinalan que Galicia, xunto a outras seis comunidades, diminuíu a súa taxa de abandono entre os anos 1999 e 2006. E aínda que a porcentaxe se situa nun escaso -1,78%, ao pasar do 26,9 ao 25,1, está bastante afastado do incremento que se produciu na media española (4,2). As evolucións máis negativas aprécianse naquelas Comunidades cun maior caudal inmigratorio (Valencia, Andalucía, Madrid, Canarias, Baleares, Aragón ou Cataluña), o cal é ata lóxico, por canto recibiron un número importante de alumnos ao que tiveron que dar acomodo en moi pouco tempo. España pasou de ter 141.434 alumnos estranxeiros no curso 2000/01 a 733.993 no 2009/10, un feito que lastrou de forma notoria uns sistemas educativos xa non demasiado fortes nalgunhas delas.

O informe ofrece un perfil do alumno con fracaso escolar que reflicte as seguintes características: home, de 15 anos, de orixe inmigrante, que estuda nun centro público e é fillo dun traballador non cualificado. Unha foto que a deseguro cambiará coa crise.

Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES