Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acabar coa impunidade

miércoles, 04 de agosto de 2010
Ou coa sensación de impunidade, que case é o mesmo.

Cando na costa sur de Galicia se pasou do tabaco á droga deuse un paso definitivo e moi perigoso no camiño da seguridade e da apacible vida que todos anceiamos para os nosos. Deixouse de practicar unha infracción administrativa, contra a Facenda pública, moitas veces por pura subsistencia, para entrar nunha dimensión nova na que o delicto era contra toda a sociedade, lucrándose os que interviñan no proceso a costa da traxedia de toda unha xeneración de rapaces, de toda a sociedade, inmersa na maior desgracia que o consumo dunha sustancia pode provocar.

E soubemos de fortunas conseguidas da noite para a mañá, de rapaces enganchados á droga, de pobreza e pranto das familias, e da aparición de “nais coraxe” que parecían clamar no deserto contra unha situación inxusta que temiajmos non tivese remedio.

Pasaron moitos anos, e as forzas de orde pública traballaron, a Xustiza con mayúsculas interveu, e foron caendo Oubiñas ou Charlines que sufriron condenas e perda de bens tan cuantiosos que non era posible xustificar a súa existencia senon a través de actividades que nin a Lei nin a sociedade permitían.

Chegoulle a hora ás propiedades dos Charlíns, que van saír a subasta pública para que a sociedade se vexa resarcida dos sufrimentos que a adquisición destes elemenos materiais provocaron.

Coa venda destes elementos – pazo, edificios, pisos, garaxes, bateas ou fincas rústicas – a sociedade verase moralmente compensada polos agravios colectivos que sufríu durante tanto tempo. Pero sobre todo o que se gañará con esta e outras operacións é o afianzamento entre os galegos da idea de que non todo é posible ou tolerable, de que a Lei está por encima do comercio con calquera sustancia e do diñeiro, de que a sociedade ten forza e armas para esixir que ninguén medre a costa do sufrimento dos demais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES