Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cativos resisten

martes, 03 de agosto de 2010
Ribadeo segue puxante no turismo. A praia de Augas Santas, a célebre 'as catedrais', é unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros nas ideversas informacións sobre a súa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo está chea día tras día, e nun momento calquera pode coincidir unha cola á que a persoa de atención non da abasto, sumándose este ano á atracción o Xacobeo, en función do Ano Santo compostelá. Onte mesmo, xa ben avanzada a tarde, 10 persoas esperaban a que tres mulleres eslovacas camiño a Santiago recibiran a información que pedían, que non era pouca, tratando de aproveitar non só o camiño, senón o mellor posible a súa estancia / paso por estas terras. Na mesma oficina, as bicis para alugar. E unha exposición. E o repositorio de bookcrossing, que nesta tempada movéuse, vaia que si, ata pensar na necesidade de voltar a poñer máis fondos bibliográficos despois de reducirse á metade os perto de 200 volumes alí mantidos. O tempo, acompañando, cun Sol que foi deixando paso ás nubes que hoxe cobren a nosa vila pero que manteñen unha temperatura de verán que será entre 17 e 22ºC segundo a web do concello, que pouco a pouco vai máis facéndose máis útil. O ascensor da Atalaia, inaugurado para a foto, pero inútil polo momento, sobre o porto que xa puxo a funcionar a nova cafetería do náutico, penúltimo dos locais comerciais abertos, de cafeterías a tendas de produtos naturais, pasando por promotoras de actividades lúdicas. As polémicas diversas arredor da Casa do Concello, dos orzamentos á participación nas actividades infantís, por poñer dous casos. O ruído nouturno, campando de novo polas súas recentes tradicións, como poden testemuñar os veciños da rúa Antonio Otero que asinaron unha petición ó alcalde polos excesos que sofren. As actividades, continuando como co festival de curtas OnOff deste ano, que comeza hoxe cunha presentación ás oito no cine teatro, ou a exposición de pintura feminina no Forte de San Damián estes días (por certo, con algunha ribadense expoñendo que non aparece no programa ni no cartel) ...

É no contexto anterior no que se pode observar que son os cativos os que resisten nun ámbito tredicional en Ribadeo: portando a tradición de bañarse no peirao, en Mirasol. En tirarse dende a plataforma, no seu extremo sur, amosando as súas habilidades ou desfrutando cos seus xogos dentro dun terreo que na actualidade está valado e que pode cerrarse en calquera momento. O peirao comercial de Ribadeo xa deixou de ser hai algún tempo un lugar para o paseo xeral. Non por ser un perigo o estar deambulando por alí mentras se estiba, senón polos barrotes que tentan impedir o paso e desviar o tráfico tanto rodado como a pé pola rúa feita ex profeso.

Con barreira de barrotes, portas para o paso e mesmo xiratorias para os peóns. Así, o porto pouco a pouco é segregado non xa de Ribadeo, senón da cabeza dos ribadenses como lugar propio. Son pois os cativos os que fan o mesmo que os seus pais, que os seus avós, tirarse dende o peirao ata a auga en marea chea, apropiándose de novo dun espazo que trata de vedarse para calquera actividade fóra da estritamente portuaria. Cativos que están á vista de quenes desfrutan da praia dos bloques, na que moitas veces eles mesmos teñan a súa base. E é que se casa con dúas portas mala é de gardar, o peirao ten as portas de terra e os peldaños que suben dende o mar... Cativos que dan envidia non polo desfrute, senón pola liberdade que da o saber que están a facer algo natural iñorantes, ou pasotas os máis maiores, de que as normas impostas esteñan xa prohibíndoo. Prohibindo o bañarse, dende hai tempo. Prohibindo a estancia nas instalacións, dende hai menos. Prohibindo o desfrute sen molestar as actividades do porto.

Mentres que se vexan os cativos bañarse dende o peirao, o porto seguirá a ser de Ribadeo e non de Portos, aínda que sexa en disputa ou a tempo parcial. Será así por moito tempo?
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES