Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Méndez Ferrín mexa fóra da RAG

lunes, 02 de agosto de 2010
Méndez Ferrín, o Doctor, o Mestre, o Profesor, o Poeta, o Novelista, o “creador”, o Premio Crítica Narrativa en Lingua Lalega, o Premio Crítica Española, o Premio Losada Diéguez, o Presidente da Real Academia Galega da Lingua ,o senlleiro”brigadista” de plabra e máis de obra, o meu paisano e de todos Nós, vai e onte ( 29 de Xullo ), aos seus oitenta e dous anos ben cumplidos, ceiba unha gran mexada fóra da RAG, diante dun grupo de estudantes nacionais e extranxeiros, concretamente nun curso de galego, idioma este que, como se sabe, tanto sirve para un roto coma para un descosido. Non sei se lle cumpría aliviarse axiña ou se o fixo adrede. Tal que así: celebrar o Día da Patria Galega amosa a evidencia da “contradición da comunidade consigo mesma” ó ver “ o catolicismo unido con un “ Estado español no Día da Patria Galega, que nada tiña que ver co Rei de España”. E engade que, ao respective do idioma, por aí fóra vennos á maioría – segundo el – con un “autoodio propio dos pobos colonizados ( e iso) é aquilo que nós temos que arrincar do noso corpo social para ser libres, plenos e donos de nós mesmos colectivamente.”

Miñas donas, meus señores, digo eu, ¿ entenden algo do que quere dicir o señor Méndez Ferrín na súa devandita antoloxía verbal? ¿ Non precisan vostedes dunha pequena axuda hermenéutica para atoparen o sentido último das palabras do Doctor, do Mestre? ¿Que me din vostedes, é ou non é unha gran mexada? ¿Non? Logo é unha cagada. Porque, ¿ non lles soa todo o seu del a monarquismo prerromano, a imposición imperial quer bolchevique quer capitalista, a complexo de frustración, a “impulsión” fascista de convertir polo intelectual selectivo a Nación de Breogán en feudo parcelario de vellos e sempre novos Tiranos Banderas? ¿Por que se pón hiperbólico o Profesor e Mestre diante da sinxeleza, da espontaneidade, do cotidiano, do obvio, do costume que non se mete nin fai ningún mal a ninguén ? ¿ Ou faino, señore? ¿ Ou é que os galegos e galegas que o 25 de Xullo estiveron no Obradoiro e na Catedral – para o que fose – foron alí obligados e pagados pola Xunta coma se fosen extras dun actual Rei de Reis de Estado, por suposto anacrónico? Bueno, home, bueno.

Máis:
¿Quen de vostedes colle o látego e se flaxela tódalas noites, antes de deitar , porque lle botaron enriba das costas unha fanega de Bilungüismo e non atura a esquizofrenia que lle produciu a contradición consigo mesmo (¡!)… e non se sente libre nin dono de si mesmo persoal ou colectivamente? ¡Deus, que ben corre o río cando vai só… o río do pobo!

Perdoe, meu Presidente da RAG. Xa ve. Eu, coma todos, fago o que podo coa miña lingua e coa miña liberdade de home e de cristiano e de galego e de veciño e de cidadán e do que me sae do carallo e iso. Se cadra, cando se me inflame a próstata ou cos anos, tamén mexarei enriba de min ou dos zapatos, pero… e perdoe e a disimular, meu rei e señor Ferrín. E “ Retorno a Tagen Ata”. Grazas por ela.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES