Un país de lingüicidas
Piñeiro, Antonio - viernes, 30 de julio de 2010
Dun tempo a esta parte teño repa-rado nun neoloxismo que hoxe cobra especial actualidade logo da multitudinaria manifestación de Compostela e á cal eu non fun, non porque non estivera de acordo co fondo da cuestión que o estou-, senón porque continúo respirando un bafo de hipocresía colectiva que me recomenda manterme á marxe, teña ou non teña razón.
O neoloxismo é lingüicida, que quere dicir homicida da lingua, cargo que lle imputan ó presidente da Xunta por esa teima retro que seica lle entrou.
Por iso e por outras razóns, lo-go de ver a Praza da Quintana ateigada de bandeiras, símbolos e expresións, téñome feito unha chea de preguntas que traslado a esta columna para compartilas con vostede, querido lector:
¿Podemos considerar a Al-berto Núñez un lingüicida por derrogar o decreto de educación ou por anunciar a posibilidade de abrir o melón da Lei de Normalización?
Se concordamos co principio de que un idioma morre por inanición, deberemos contestar que si, porque comete lingüi-cidio aquel que promove esa inanición.
Ora ben, feita tal afirmación, tamén creo que debemos formulármonos outras cuestións: ¿Non será lingüicida o BNG promovendo un idioma propio á marxe do resto da poboación? ¿Non será lingüícida o PSdeG con esa esquizoide linguaxe de tan difícil interpretación? ¿Non será lingüicida a Real Academia ó non pronunciarse contundentemente sobre o horroroso galego que escoita-mos a cotío nos medios de comunicación? ¿Non serán lingüicidas os lingüísticas que non prenden a alarma cada vez que escoitan o cancro do iísmo ou os pronomes en tan caótica colocación? ¿Non será lingüi-cida Suso de Toro cando pinta un panorama de pre-holocausto, pero escribindo en castelán porque así llo esixe a liña editorial do xornal do que é colaborador?
En fin, ¿cando nos decatare-mos de que o fondo da cuestión non está tanto na defensa dun decreto, como en qué niveis de deturpación terá o idioma para cando sexamos quen de arreba-tarllo das garras lingüicidas a Núñez Feijóo?

Piñeiro, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora