O porto coas 'puertas' pechadas
Cardalda, Theo - jueves, 29 de julio de 2010
Desde o Preguntoiro: O porto coas 'puertas' pechadas
Levamos hai uns meses unha caída en picado no Porto de Vilagarcía sendo a cousa moi preocupante. Moitos dos traballadores directos e indirectos falamos entre nós do grave problema que nos ven enriba. Falamos como se fora un secreto, pero xa é un secreto a voces. Nestes intres xa se fixo regulación de persoal en algunha empresa auxiliar da rada, e quizá tamén haxa regulación na dos prácticos.
Houbo moitos erros na planificación da Terminal de Contedores cunha empresa navieira que xa estaba en suspensión de pagos e de momento aínda non hai perspectivas cara a un uso desa Terminal. Non sei ata cando pode aguantar esta situación. Porén, non pinta moi ben o futuro da Rada.
Estase a rematar a ampliación do peirao comercial, xa temos o aceso á autoestrada, agora fáltanos os barcos. Son consciente de que a crise afecta ao movemento de mercancías, pero no é desculpa para non actuar en consecuencia, por mor de que tódolos portos de España están en positivo, só o de Vilagarcía atópase en negativo. Non entanto, tamén temos man negras externas que tratan e trataron de fundir o Porto ata límites insospeitados e iso xa ven de lonxe, de fai décadas. Nos outros portos da Comunidade sempre trataron de superar con persoas emprendedoras para erguer a súa cidade ao pé do mar para superar o transporte marítimo.
Para acadar un do alicerce máis importante do porto como é o ferrocarril a Ferrazo, ten que haber talante e moito diálogo para darlle unha solución ao trazado, pero temos que ser moi conscientes que se non se leva adiante a intermodalidade marítimo-ferroviaria, imos ao fin do porto nun futuro.
Algo falla, doutores ten a Igrexa para resolver o problema, para iso está o dirixente político posto na rada que lle pagamos con bo soldo para facer ese traballo. Temos que pensar se queremos o porto ou unha cidade de servizos ou señoritos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora