Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libro de familia

viernes, 30 de julio de 2010
Os respectivos libros de familia formaron e forman parte da documentación obrigatoria de todos os galegos, como único documento acreditativo da pertenza á unidade familiar de todos os seus membros. Mesmo dá nome a unha serie de ficción da Televisión Galega, que goza dun gran seguimento popular.

Posiblemente eran numerosas as familias onde este era o único libro da inexistente biblioteca, que se utilizaba para determinadas ocasións como documentación indispensable, complemento directo do documento nacional de identidade de cada persoa.

Pois agora vai desaparecer ou verá relegado o seu papel polos avances da tecnoloxía que van permitindo melloras en numerosos campos da actividade humana e o seu reflexo no mundo virtual.

A través de Internet poden obterse certificados da nosa relación coa Seguridad Social, coa Facenda e con Hacienda, e moi axiña ocorrirá o mesmo co Rexistro Civil se o proxecto aprobado polo Consello de Ministros pasa, como se agarda, o correspondente estudo e aprobación por parte do Parlamento nacional.

Se o proxecto se aproba como o Goberno pretende, deixará de estar tan xudicializado o Rexistro no que constamos desde o noso nacemento e no que se van incluíndo datos da nosa existencia. Non haberá que acudir persoalmente para efectuar as correspondentes inscricións e menos para obter certificacións das anotacións xa que, cunha clave persoal, cada interesado poderá acceder ós seus datos e obter o correspondente testemuño.

É o exemplo perfecto de avance propiciado polas novas tecnoloxías que se aplican en beneficio dos usuarios para racionalizar as relacións entre as administracións e os administrados.

O Libro de Familia pasará á historia, arrumbado pola modernidade, pero tardaremos en esquecer o seu principal papel para identificarnos diante das todopoderosas e omnipresentes administracións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES