Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dificultades en Portugal

miércoles, 28 de julio de 2010
Estabamos convencidos de que os vencellos con Europa eran innegables e todo facilitaba esta relación. Especialmente con Portugal, o veciño do sur, co que temos unha especial relación derivada da similitude do idioma, de costumes, xeografía e historia. Pois con Portugal imos ter algún que outro problema.

Temos esa querencia especial de acudir ó norte de Portugal para facer compras perfectamente prescindibles pero que atopamos como propias dun tempo no que era difícil atravesar a fronteira, adquiríanse produtos que aquí non había, especialmente café, e con só cruzar a ponte internacional xa estabamos no estranxeiro.

Pensamos que estando en Portugal estabamos na propia casa, e a esa sensación contribuíu a construcción de pontes e pasos nos que a fronteira se evidenciou imperceptible por inexistente. Como aquela historia do bebedor que tan axiña estaba en Pinto como en Valdemoro, tan axiña estabamos en Galicia como en Portugal, nas terras de Pontevedra ou nas de Miño.

Pois en Portugal está o goberno intentando solucionar problemas técnicos para comezar a cobrar polas autoestradas do norte do país, aquelas precisamente máis perto da nosa xeografía, nas que o Eixo Atlántico considera que se efectúa o 49% dos desprazamentos de turismos e camións entre España e Portugal, sexa para viaxes de lecer sexa especialmente para viaxes comerciais, de transportes industriais e de mercancías co conseguinte incremento de gastos para todos os transportistas.

Ate agora, só o Eixo Atlántico se ten dirixido ás autoridades portuguesas denunciando a agresión económica que se pretende acometer, cun afan somente recaudador xa que se trata de vías xa construídas que, en principio, estaba previsto fosen de utilización gratuita por portugueses e estranxeiros, pero a crise é a crise e en Portugal vívese de xeito ostensible coidando que esta medida pode contribuir a paliar minimamente o déficit.

Certo que esas dificultades que para os galegos vai significar que teñamos que aboar determinadas cantidades por utilizar as autovías do norte daquel país son cantidades que poden parecer modestas, pero é un chanzo máis nas medidas que os países están tomando para repercutir todos os problemas colectivos nos particulares que utilizan determinados servicios ou infraestructuras. Que pode parecer xusto, pero non o é, porque se fai pagar por algo xa amortizado ó que “se move”, ó que traballa, ó que xenera riqueza, mentras que o que non ten actividade ostensible non se ve afectado.

Dificultades en Portugal, que queda moi preto de nós, e pertence á mesma área cultural e política. Posiblemente ocorre que estamos vendo o intento de rapar as barbas portuguesas. Poñamos, como quere o refraneiro, as nosas a remollo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES