Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ultreia e Suseia e Sant-Iago

lunes, 26 de julio de 2010
Dende Roncesvales ou dende o Cebreiro, dende as chairas de Castela ou dende os montes da Galicia, dende o fondo da morte ou dende as cimas da vida, dende o abeiro da amizade e o niño dos nosos ou dende o despido e o Ere da empresa, dende a fe, a espiritualidade, a soidade ou a compaña. Dende o Val do Inferno ou dende o Pórtico da Gloria, dende todo o mundo ou dende "sempre en Galiza": ultreia e suseia, Deus adiuva nos; ultreia et suseia et Sant-Iago. Berro, grito ou plegaria. Condición esencial da insuficienza feita consciencia nas pedras do camiño, dos camiños; pulo e lecidicia de logros satisfeitos, ultreia, máis alá; suseia, máis arriba; Deus, adiuva nós: compaña, axuda, man, ollos, beizos, corpo, alma, pan, viño, aire, vento e espíritu. Orgasmo e parálise. Lume e cinza. Home e muller. Muller e home. Obradoiro e Quintana. Ti, ou eu. Sangue e semen, óvulo ou sangue, vida ou morte,"ultreia" e "adiuvanos". Individuo e cosmos. Suxeito ou obxecto, persoa ou trebello, "perico" ou "perica" ou ovella nova: "Suseia e Sant-Iago". Esquerda, dereita, centro; ti, e máis todos: "Deus, adiuvanos". Berro, grito ou oración. Dende a Idade Media, tempos escuros, ata hoxe, tempos claros e sen clero... Dende Sempre ata Sempre. Dende as gorxas da vida ata quen bica, dinámico e "eucarístico", o mantelo do Santo, dende algures e ningures:
¡Ultreia, suseia, Sant-Iago, Deus, adiuvanos!
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania