Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia gana Concellos

viernes, 23 de julio de 2010
Galicia perde habitantes, pero gana Concellos, así o reflicte o BOE do 29 de xuño de 2010. Os trece novos concellos pertencen todos á provincia de Ourense, pero como corrixir é cousa de sabios, a Consellería de Economía e Industria, seguramente por razóns económicas, deixou a progresión en catro concellos, polo de agora.

Os novos concellos non aparecen nos mapas nin na historia de Galicia, aínda que para mudar a historia, chegou Feijoo a Galicia en comisión de servizos, e, polo camiño que leva, todo será novo baixo o sol do noroeste peninsular. O despegue científico iniciouse hai pouco tempo co descubrimento de Desván de los Monjes, pero como a ciencia avanza unha barbaridade, mediante probas do carbono 14 xa reinventamos El Juncal de Espadañedo, La Calle, antes A Rúa; A Bolla e oBollo, antes A Bola e O Bolo; La Colina de Miño e Colina del Valle, antes Castrelo de Miño e Castrelo do Val; moi orixinal e despois dunha profunda investigación puido localizarse La Finca, antes Leiro. A Veiga, Verea; San Cristovo de Cea, Monterrei, Vilardevós e Vilamartín, tamén sufriron ataques destes ignorantes iconoclastas da toponimia e da lingua galega.

Calquera principiante sabe que os tradutores automáticos conducen automaticamente a solemnes disparates, polo tanto, non facer unha revisión posterior indica unha inmensa frivolidade e unha monumental incapacidade.

Posiblemente, o máis conveniente para Galicia sería a destitución do adestrador e  de toda a súa equipa.
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES