Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Procesión polo mar de Arousa

Cardalda, Theo - jueves, 22 de julio de 2010
Desde o Preguntoiro: Procesión polo mar de Arousa

Aínda que o ceo e o mar maquillen a paisaxe dun manto gris. Aínda que o mar de fondo moldee as ondas. Aínda que as nubes prometeran romper a chover o fervor dun pobo é máis forte. A devoción dos mariñeiros de pasear pola Ría de Arousa a súa patroa a Virxe do Carme e superior a calquera incidencia. Pódese ser ateo, agnóstico ou crente de calquera relixión que non por iso deixa de ser fermoso e emocionante ver estas manifestacións.

O domingo convidoume o meu sobriño Xaquín Rubio a facer esta manifestación no seu barco “Rubio 2” en Vilaxoán de Arousa, foi algo expetacular. Asegúrovos que sen ser relixioso a emoción que tiven non se pode explicar con palabras, son tradicións que respecto e estou encantado de velas cada vez que podo.

O que máis me chamou a atención foi a pescuda que fixen sobre a figura tallada da Virxe do Carme de Vilaxoán. Esta fermosa talla escultórica ten na actualidade 93 anos, fora en encargada polos mariñeiros en 1917 ao obradoiro do artista compostelán Xosé Rivas Rodríguez. Tanto a talla como a pintura foi rematada por Anxo Rodríguez e Xosé Pasín. Este último fora un sindicalista anarquista moi activo.

Ao chegar o golpe de estado de Franco contra o poder lexítimo da República, Pasín foi detido e levado á cadea en Santiago. Unha noite foi sacado e levado a un foxo onde foi asasinado a tiros pola “horda franquista”. O escritor Manolo Rivas no seu libro “ O lapis do carpinteiro”, trata nunca ringleira de Pasín cando estaba na cadea. Mataron ao artista, non se atreveron a destruír a súa creación que sigue e seguirá paseando polo mar cada 16 de xullo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES