Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Permanente tensión

viernes, 23 de julio de 2010
Non gañamos para sustos. Especialmente nos veráns, períodos vacacionais e datas sinaladas, nas que se producen millóns de desprazamentos que se ven alterados polas presións de determinados colectivos que fan valer a súa capacidade de provocación e interferencia.

Non hai moitos días que se solucionou o conflicto dos traballadores do Metro de Madrid, funcionarios coma os millóns de afectados pola reducción de emolumentos dictada polo goberno, que colapsaron e pararon o transporte público nunha cidade na que este é imprescindible para a vida normal capitalina.

Agora o conflicto vai de controladores aéreos que como o goberno tentou metelos en cintura hai tempo, sofren estrés e outras enfermidades similares que provocan que –precisamente cando mayores son os desprazamentos turísticos en avión- falten ó seu traballo e orixinen retrasos e colapso. Non hai folga, que eso tería para eles repercusións económicas, só hai problemas médicos que a xente sofre e o goberno non comprende, e pretende que sexan militares os que os sustitúan en casos coma este de enfermidades profesionais.

Agora non son os pilotos, que xa teñen dado ben guerra no seu momento, ocasionando os danos colaterais inherentes a un caso así.

Son chegados, pois, tempos en que determinados colectivos lanzan un órdago ó goberno, dándolle paus nas partes sensibles do gran público, que é onde rematan as consecuencias de todas as situacións conflictivas.

E a opinión pública comprende que os traballadores defendan os seus dereitos, que presionen para conseguir melloras laborais ou salariais pero non entende que colectivos considerados de élite, mimados polos sucesivos gobernos, reten a toda a sociedade nun pulso co que poderán gañar pero nunca convencer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES