Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha confidencia

miércoles, 21 de julio de 2010
Non mo crerá, querido lector, pero esoutro día, cando estaba escribindo o artigo do pasado xoves, na cafetería dun hotel de Compostela, nun escampo das ocupacións que me levaran ata alí, ó reparar para a mesa do lado identifiquei ó xerente da Sociedade de Xestión do Xacobeo, que estaba petiscando un pouco e aproveitando tamén o escampo da súa -supoño que intensa- xornada para repasar un dosier de prensa onde se recollían as informacións do acto de presentación do pro-grama no que el tiña traballado –seguro que de sol a sol- nos últimos meses.

Cando me din conta de que era el, a verdade foi que me sentín protagonista dunha situación curiosa e, se quere que lle conte unha confidencia, tamén me sentín un pouco mal-vado, dicindo para min: “Mal sabes ti que este que está ás túas costas, está escribindo sobre o teu traballo”.

En fin, unha máis para seguir enchendo o sempre agradecido anecdotario que me ten permitido vivir este fermoso oficio e que agora me serve de enlace para completar algo sobre o próximo Xacobeo no que, por falta de espazo, non me puiden deter polo miúdo o pasado xoves.

Non ten que ver tanto coa pro-gramación, canto coa xestión da información turística que eu humildemente creo que se debe empezar a facer xa para evitar que logo –como ten acontecido en experiencias anteriores- non nos colla o touro do Xacobeo.

E a xestión desa información turística pasa indubidablemente (xa o teño abordado máis dunha vez nesta columna) pola coordi-nación, dende a Secretaría Xeral para o Turismo, das oficinas de turismo que teñen funcio-namento de seu –é dicir, que funcionan ben- ó longo e largo de Galicia.

Sinceramente penso que non debería ser moi complicado (nin caro) reunir ó persoal daqueles concellos que contan con oficinas de turismo e fornecelo dunha formación axeitada (ademais do material necesario) para que cada oficina turística municipal se converta nunha fiestra pola que o visitante poida descubrir o Xacobeo sen ter que estar necesariamente en Compostela.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES