Información cando convén
Editorial - miércoles, 21 de julio de 2010
Houbo un tempo no que cada semana se facilitaba ó público o precio de referencia nos carburantes que ía rexer nos próximos días, de xeito que todos estabamos pendientes de pequenas elevacións ou baixadas, como se neso nos fose o inmediato porvir.
E de repente dámonos conta de que deixou de facilitarse esa información, que da noite para a mañá a información deixou se ser convinte para quen a facilitaba, e polo tanto non era interesante que os consumidores a coñecéramos. E así enterámonos de canto custa un litro de carburante cando imos repostar, pero non lle facemos caso porque as variacións son imperceptibles xa que se miden en céntimos de euro, e se o valor do céntimo equivalente en pesetas era de 1,66, agora despreciámolos pola forza coa que nos leva o consumismo e a imperceptible devaluación da moeda.
Pero céntimo a céntimo imos experimentando subidas de precios verdadeiramente onerosas, que van desde o dez ó catorce por cento no último ano segundo sexa gasolina ou diesel.
Posiblemente se nos facilitasen o precio semana a semana a non percepción do aumento sería a mesma, pero non teríamos a sensación de que se nos está tomando o pelo con información ou sen ela, e que cando se nos facilita non é porque a nós -consumidores- nos conveña senón porque convén ós intereses das grandes compañías ou dos nosos máis altos representantes.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora