Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morreu Mercediñas

viernes, 02 de abril de 2004
Personaxes puramente locais, as maleteiras foron sempre personaxes entrañables.

Unha foto das maleteiras no porto da Coruña, carretando equipaxes para os barcos, ten dado a volta ó mundo.

En Lugo, ven de morrer Mercediñas –Mercedes Expósito López- supoño que a última maleteira de Lugo, e quizáis de Galicia.

Había maleteiros, pero non sei por que as maleteiras tiñan como un monopolio do entrañable, da miseria controlada, do traballo humilde de axudar ó viaxeiro por unha esmola.

Mercediñas foi maleteira desde e para o tren Coruña-Barcelona, coñecido como O Shangay. Logo, cando as viaxes en tren esmoreceron, na Estación de autobuses de Lugo.

Pero tamén ía ás feiras. Porque eu lembro que miña nai viuna hai quizais medio século na feira de As Pontes onde unha muller do rural choraba amargamente porque lle roubaran o cesto con todas as feiradas. A maleteira Mercediñas sacou cinco pesos e proclamou: ¡Hai que axudar a esta muller!. Eu poño cinco pesos... Cada quen que déa o que poida!. En poucos minutos, a señora tiña solucionado o seu problema.

Nos últimos tempos Mercediñas estaba internada na casa das monxas “Hermanas de la Cruz”. As “Hermanas”, como a súa única familia, publicaron unha esquela de “La maletera” na prensa local.

Descanse en paz.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES