Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu, vino chorar

jueves, 15 de julio de 2010
Hai unha antiga canción da que agora só lembro o título que proclamaba “Yo vi llorar a Dios”, que debe ser a máxima expresión de dor xa que o pranto do Todopoderoso -que podería modificar todo o mal que cae sobre o mundo- ou ben proclamaría a súa febleza e humanidade, ou a súa inconsecuencia.

Pero de Deus abaixo todos temos o dereito -e ás veces o deber- de chorar, mesmo os homes que polo da igualdade xa conseguimos que esta válvula de escape non sexa exclusivo patrimonio feminino.

E tiven recente ocasión de deixar escapar incontibles bágoas, tendo nuns momentos un compañeiro no que eu non pensaba. Porque un pensa que nos negocios hai quer ser duro por encima de todo, que a vida é unha loita diaria, e que o que goberna unha gran empresa non pode permitirse momentos de sensibilidade; non pode baixar a garda en ningun momento.

Un meu parente tiña por L. (permitídeme non matizar máis) un respecto sen límites, unha amizade de medio século, e unha querencia persoal por riba de calquera dificultade. No tanatorio tocoume recibir a ese amigo que chegaba e son dos poucos que pode afirmar telo visto chorar. Portouse ben, e aguantou o que puido, pero ó final empatamos a bágoas nun panorama xeral de sentemento por unha boa persoa.

Os que o coñecen din que só outra vez o viron nesa situación, tamén por un amigo que emprendera longa viaxe. Quizais non hai dúas sen tres, pero eu non apostaría porque vaia ser testemuña doutro caso así. E doume por satisfeito ó ter chegado ó cerne dunha persoa  que se deixa levar polas emocións cando a ocasión o merece, e pode chorar -outra canción- “cuando un amigo se va”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES