Malos tempos para o futbol
X.X. - jueves, 01 de abril de 2004
Lugo e Vigo reflicten, por motivos diferentes, malos tempos para o fútbol.
En Lugo, convócase asamblea extraordinaria do Club Deportivo Lugo para afronta-la elección de nova directiva, e asisten 12 directivos, 9 socios, 6 xornalistas e 1 directivo da Federación Galega de Fútbol. Malas perspectivas para o futuro dun equipo que milita en terceira, categoría que cabe supoñer non responde ás realidades e expectativas desta cidade.
Pero é peor o que acontece en Vigo. Independentemente da marcha do equipo, é peor a marcha do Presidente que impide que os profesionais da Radio Galega entren nunha rolda de prensa, conseguindo que o resto dos xornalistas se planten e se marchen.
Parece ser que o Presidente do Celta de Vigo estaba profundamente disgustado por un programa da Radio Galega no que os oíntes se manifestaron moi duros contra a súa xestión, e porque os profesionais non cortaron a eses oíntes.
O Presidente do Celta saberá moito de fútbol, pero non de talante democrático nin de andar polo mundo de hoxe.
Malos tempos para o futbol de dúas cidades galegas. Agardemos que escampe.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora