Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xubilación aos 70 anos

miércoles, 14 de julio de 2010
Desde o preguntoiro: A xubilación aos 70 anos

Hai uns días a Comisión Europea lanzou para o debate sobre a sostenibilidade dos sistemas de pensións propoñendo retrasar progresivamente a idade de xubilación ata os 70 anos. Con tantos recortes aos máis febles da sociedade e favorecendo aos máis poderosos, Banca, Multinacionais e “chiringuitos” financeiros, vai rachar a corda polo sitio onde menos pensan.

Porén, de momento o mellor e levar a tema desde un punto de vista irónico e votarlle un pouco de “cachondeo” á cousa, dándolles a estes “pais das patrias” que lexislan no noso Parlamento e en Europa, algunhas que outras ideas. Imos por partes: flexibilizar a idade de xubilación ata os 80 anos ou ata caer de cu, nesto teño que dicir que podemos ir por bo camiño, xa que a preocupación que teñen por nós é por aquilo da nosa fortaleza de “macho ibérico” e a dignificación do traballo como ser humano e facer un completo home. Non entanto temos un problema, tomen nota: non podemos deixar ás súas Señorías que traballen ata os 80 ou 90 anos ao cargo desa máquina europea, polos grandes esforzos físicos e mentais que padecen no seu traballo con plus de perigosidade incluído, non é moi humano. Ao Sr. Durao Barroso pódeselle dar un retiro de honra nas Illas Azores ao carón dos seus tres grandes amigos de antano.

Señores da Comisión Europea, déixense de “coñas mariñeiras” e de xogar coas vidas dunha inmensa cidadanía desta vella e sabia Europa. Pasaredes á historia como dignificadores do traballo de anciáns e os vosos netos regaran con “flores” as vosas tumbas.

Aproveito para dedicarlles as súas “señorías” un refrán antigo moi galego que lles ven ao pelo: “onde non hai fariña nin relón, todos falan sen razón”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES