Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estación intermodal e transporte público

miércoles, 14 de julio de 2010
Os políticos acostuman a encher a boca con terminoloxia grandilocuente e moderna, sen ter en conta que estes termos acaban por seren desvirtuados como consecuencia da praxe que segue as suas declaracións.

A internodalidade é un destes termos que ven acompañar ao de sustentabilidade xá abondo manuseado para xustificar todo tipo de actuacións segan ou non boas prácticas ambientais.

A intermodalidade xá a practicamos quen usamos o transporte público. De autobus ao avión, ou do taxi ao comboio.

Quen non a practican son os políticos que deciden acerca da nosa movilidade sen teren en conta as necesidades das usuárias do transporte público que eles non coñecen porque non o usan.

A Estación de Autobuses de Lugo é excepcional se compararmos côas outras da Galiza: É Céntrica, Non está en dous andares, é acesível para ancians e cidadans con dificuldades de movilidade e SOBE TODO:
Está próxima á maioria dos/das seus usuarias/os.
Quen usa a Estación de Autobuses?:
a) Os estudantes: hai catro centros de ensino nas proximidades: Escola de Maxisterio, e tres institutos, que entre todos superan as catro mil persoas das que un 20% utiliza o transporte público para ir e vir a sua casa. A Universidade fica próxima tamén e o Instituto das Mercedes un dos mais numerosos de Lugo.
b) Os habitantes do rural lucense que encontran unha grande profusión de servizos na sua proximidade pólo que poden vir a Lugo con facilidade para resolveren calquera xestión rápida.
c) os usuários que procuramos rexeitar o coche particular. Algunhas porque tratamos de evitar a contaminación que producen, outros porque non o teñen ou non conducen.
d) Os peregrinos que, ainda que non sexan muitos, poderian ser mais se o Camiño se coidase en Lugo.

E dicir, quen usa a Estación de Autobuses e se beneficia das sua ventaxosa excepcionalidade que citei mais acima é o povo. O comboio, en Lugo fica en desuso, pólo mal servizo que presta aos/as posiveis usuárias. Lugo é a única das capitais galegas que non ten comunicación por tren con Santiago, cando esta comunicación seria muito mais barata que a autoestrada que vai destrozar unha gran parte do noso territrio e non vai favorecer o uso do transporte público. Mais barato que o AVE que nin se sabe se vai chegar ou non, e mais barato que trasladar a estacion de autobuses para perder a sua ubicación privilexiada.

Por todo ISO a Intermodalidade teria sentido se houver un Bon servizo de caminho de ferro desde Lugo. Este servizo deberia cubrir as catro capitais con modernos intercitis como o que une Vigo e A Coruña, e transporte de media e curta distancia cós núcleos mais importantes da contorna. Sarria, Monforte, Guitiriz, etc. Lugo deberia ter unha liña côa costa que ligase côa do FEVE, para estarmos no camiño de Europa transpirenaica e da Portuguesa via Santiago Vigo. Esta proposta é barata pouco agresiva ambientalmente e práctica porque romperia o aillamento actual de Lugo.

Na nosa historia Lugo foi escollida como porta da Gallaecia Norte pólos Romanos, e como entrada a Galiza pólo Camiño Primitivo cara a Compostela. A desídia da cidadania e da clase política teñena postergada ao esquecemento das grandes vias de comunicación. Rompamos esa tendência potenciando o tren Poderemos falar entón de intermodalidade.
O proxecto do alcalde para recalificar os terreos da Estación de Autobuses para continuar côa perigosa carreira da especulación urbanística é alarmante, antiecolóxica a antisocial.
Basta xá de cemento e da saturación de vivendas cando existen en Lugo muitas mais das necesarias para os habitantes da cidade.

Adela Figueroa Panisse, Vogal de Transportes de ADEGA.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES