Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sábado volvemos ao couto mixto

martes, 13 de julio de 2010
Volveremos á singular capital da raia seca, ao Couto Mixto. Será o próximo sábado, para participarmos no acto de investidura dos novos Xuíces Honorarios, que este ano son: o Presidente da Real Academia Galega, don Xosé Luís Méndez Ferrín; María do Ceo, fadista e Miguel Ángel González García, arquiveiro da catedral de Ourense. Tódolos tres identificados coa cultura dos pobos arraianos, que coñecen e practican. Ferrín, como cronista literario daquel imaxinario popular; María do Ceo, metade galega, metade portuguesa, excelsa cantora das tradicións musicais de aquén e alén raia e o historiador González García, estudoso do noso patrimonio monumental e arquitectónico.

A Asociación de Amigos do Couto Mixto quere facer un chamamento a tódolos concellos dun e doutro lado da raia para que asinen unha Declaración que mobilice ás institucións públicas motivando políticas sectoriais xa aprobadas, contempladas en cadansúa iniciativa parlamentaria polo Parlamento Europeo, Congreso dos Deputados e Parlamento de Galicia.

A “Declaración do Couto Mixto” fai fincapé na importancia da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que ten unha extensión de 51 mil metros cadrados cunha poboación de 6,4 millóns de habitantes. Son cifras abondo significativas para que sigamos a traballar na vertebración deste territorio e na procura do benestar común e a defensa dos nosos valores patrimoniais. Ninguén dubida hoxe de que as propostas que se poñan en marcha na Eurorrexión, baseadas na cooperación e na complementariedade das accións, no intercambio de coñecementos e da información, e na presentación de proxectos comúns, deben traducirse en oportunidades de todo tipo para o desenvolvemento social e económico deste gran territorio, un territorio onde o Couto Mixto ocupa un lugar central da súa extensa xeografía.

A mesma “Declaración” insta aos concellos galegos e portugueses a imitaren o exemplo dos miñotos organizados na asociación UNIMIÑO, como unha entidade que contribúe a vertebrar a eurorrexión.

Por todo isto a “Declaración” insta: a) solicitar do Goberno galego que o novo texto da lei do patrimonio histórico e cultural de Galicia recolla no seu articulado o recoñecemento de “sitio ou territorio histórico” para o Couto Mixto; b) reclamar dos gobernos español e galego o cumprimento dos acordos adoptados por senllas cámaras de representación popular no ano 2007.

Cómpre que se artellen, ao abeiro desas iniciativas parlamentarias, estratexias que poñan en valor os seus recursos ambientais, paisaxísticos e culturais, de xeito que ese territorio poida converterse nun referente e nun espazo aberto onde explorar a posta en marcha de proxectos conxuntos que axuden a dinamizar un territorio marxinal, arredado dos centros de poder e decisión dun e doutro lado da fronteira.

Este ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto principia unha nova andaina para procurar maior coñecemento e apoio dos concellos galegos, os primeiros en expresala son os de Vilagarcía de Arousa e A Estrada, que poñen senllos autobuses a disposición dos seus veciños para acudiren aos actos de nomeamento dos novos Xuíces Honorarios e coñeceren aquela “república dos soños”. Por esta razón serán nomeados “Concellos amigos do Couto Mixto”.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania