Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os felices setenta

jueves, 15 de julio de 2010
Do tema xa se ocupa Europa, polo que moi difícil vai ser lograr autonomía á escala das nosas forzas de comunidade ou de Estado para dictar normas en relación coa xubilación dos traballadores, superando a barreira ata agora establecida dos sesenta e cinco anos.

Agora que pintan bastos nas relacións entre os traballadores e as empresas, e das empresas coas administracións; agora que nos debuxan o panorama cada día cunha tonalidade máis oscura, xa estamos preparados para calquera decisión que nos afecte e sexa produto da improvisación do político de turno.

Certo que os traballadores ós sesenta e cinco anos -salvo profesións especiais- están no mellor da vida laboral, e prolongar esta etapa ata os 70 non parece a priori un problema maior. Especialmente se temos en conta que nestes momentos na Unión Europea hai un pensionista por cada catro traballadores, e de seguir así aló polo 2060 só haberá dous traballadores por cada xubilado. E eso será insostible.

Imponse que as cotizacións sexan máis elevadas, que se cotice durante máis tempo e que os xubilados cobren menos diñeiro, segundo o Comisario Europeo para o Emprego. Porque os números son fríos, realistas, e ofrécennos un panorama frío, realista e que hai que afrontar con tempo para evitar un colapso.

Notamos neste campo a mesma carencia de solucións alternativas, imaxinativas, que os especialistas deberían ofrecer en lugar de sacrificar sempre ós mesmos, que seguro participarían con maior entusiasmo se advertiran outras intencións máis estudiadas e cun amplo abano de solucións.

Falamos de cincuenta anos de prazo, pero é como se xa estivésemos inmersos neste proceso. Falta nos fará todo este tempo para enderezar a actual situación e pensar no futuro con algo de sensatez.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania