Transfuguismo: Non vai máis
Editorial - miércoles, 14 de julio de 2010
Levamos case sete lustros de democracia pero en comparación cos paises do contorno somos moi novos nestas lides e temos que ir aprendendo, facendo camiño ó transitar polos camiños democráticos.
O puro exercizo político e cidadán vai evidenciando as carencias do sistema e a necesidade de pequenos axustes que perfeccionen o marco legal no que nos desenvolvemos de xeito que cada día se acomode máis ás nosas necesidades colectivas.
O tema do transfuguismo nunca foi menor e aínda que os casos non son demasiado numerosos si resultaron chamativos porque o cambio de partido viña seguido de directo beneficio para o tránsfuga, compensación polo seu apoio político ó cambio de color dun goberno municipal.
Faltaban instrumentos legais que regularan estes comportamentos, e os partidos todos posibles beneficiados; todos posibles perxudicados- están a traballar nunha norma que se agarda, despois de conseguir xeral consenso, que poida ser aprobada antes do final do presente ano.
Segundo a nova norma, para confeccionar un goberno procedente dunha moción de censura con apoio tránsfuga non será abonda a maioría absoluta dos votos senón que será preciso aumentala en tantos votos como tránsfugas se produciran.
A prohibición quedará establecida de facto, porque os votos dos tránsfugas non terán valor na práctica.
Sabia decisión política a de poñerse de acodo todos os partidos para solucionar un tema que ten creado importantes quebradeiros de cabeza ós políticos e causado malestar e desengano sobre os políticos nas xentes do comun.
Se o tema consegue solucionarse deste xeito será un precedente xeitoso de que todos os problemas poden ter arreglo dialogando e pactando, pensando no interese da comunidade.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora