Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis difícil aínda

martes, 13 de julio de 2010
Para as empresas é un momento difícil. Difícil conseguir contratos ou traballo para poder seguir coa actividade habitual independentemente da crise. Difícil conseguir que se aboen os traballos efectuados por parte de outras empresas ou institucións con problemas de tesorería. Difícil en fin conseguir que os bancos ou entidades de aforro concedan cretos para poder dispoñer de efectivo de manobra en tanto non se concretan os pagos que están pendientes de abono.

Se as entidades de creto deben facilitar o funcionamento das empresas facendo fluido o funcionamento do sistema, estase producindo o efecto contrario, co que a reactivación que todos agardamos tardará en producirse.

Un golpe ben duro pode producirse de inmediato se o Banco de España leva adiante o propósito dos seus rectores de dotar provisións polos préstamos impagados no prazo dun ano, mentras que ata agora viña facéndose por dous e ata cinco anos..

Esta posible decisión será un golpe de morte para a concesión dos cretos sen máis garantías que os avais persoais dos xestores das empresas, máis necesarios canto máis pequenas son as empresas.

Con esta medida, o Banco de España facilita o saneamento das entidades crediticias pero pon en perigo ós milleiros das pequenas empresas que non teñen apoio oficial e dependen dos cretos para a diaria subsistencia. Estamos diante dunha máis das medidas que forman parte dun conxunto que os poderes públicos teñen establecido para sair dunha crise global, na que a solución ten que pasar pola potenciación do consumo e a axilización do funcionamento da economía, resultado difícil de conseguir con restriccións de todo tipo que coartan o traballo, o comercio e o normal funcionamento da cadea económica e social.

Este funcionamento parece máis difícil aínda se as concesións de creto se restrinxen. Máis difícil aínda, se é que esto é posible. Galicia é a segunda comunidade -despois de Canarias- na que máis empresas suspenderon pagos no primeiro semestre do presente ano, cun aumento do 39%.

Pois, no futuro, será máis difícil aínda para as empresas galegas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES